Categorías
Uncategorized

NGC 2442: Galaxia en Volans

Créditos da Imaxe e Copyright
Procesado: Robert Gendler & Roberto Colombari
Datos: Hubble Legacy ArchiveEuropean Southern Observatory

Explicación: a galaxia distorta NGC 2442 pódese atopar na constelación austral do Peixe Voador, (Piscis) Volans. Localizada arredor de 50 millóns de anos luz de distancia da Terra, os dous brazos espirais da galaxia espállanse dende a barra central conferíndolle unha forma de gancho nas imaxes de grande apertura de campo. Mais neste mosaico cercano, construido cos datos do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Europeo Austral, apréciase a estructura da galaxia cun detalle extraordinario. Liñas de po escuro, grupos de xóvenes estrelas azuis e rexións de estrelas vermellas en formación contornan o núcleo amarelado composto pola poboación máis vella de estrelas. Esta nítida imaxen tamén revela o fondo máis lonxano de galaxias vistas ao través das agrupacións estelares e nebulosas de NGC 2442. A imaxe esténdense ao redor de 75 000 anos luz á distancia estimada de NGC 2442.

Categorías
Uncategorized

Atopar o NEOWISE

Créditos da imaxe e Copyright:Tom Masterson

Se chegas a ver as estrelas do Carro Maior podes atopar o cometa NEOWISE esta noite no teu ceo nocturno. Tralo solpor procura o cometa, a simple vista, por baixo do cazo do famoso utensilio de cociña do ceo setentrional e por riba do horizonte noroccidental. Estás a buscar unha “estrela” borrosa cunha cola, aínda que probablemente non tan longa como nesta instantánea de ceos claros tirada desde Los Padres National Forest en California na noite do 16 de xullo. As imaxes recentes do C/2020 F3 (NEOWISE) adoitan amosar a ampla cola de po deste cometa e una cola iónica máis feble e separada que se estenden máis lonxe do que o ollo consegue albiscar. Afeccionados do ceo de todo o mundo andan encantados con atopar o visitante inesperado que procede do Sistema Solar exterior.

Imaxes do cometa NEOWISE: 17 de xullo| 16 de xullo| xullo 15 | xullo 14 | xullo 13 | xullo 12 | xullo 11 | xullo 10 e antes |

Categorías
Uncategorized

Comezamos!

O APOD da NASA (Astronomical Picture Of the Day) é unha web que se publica desde o ano 1995. Cada día, unha imaxe astronómica comentada por un astrónomo profesional. Sempre abraiando, sempre de admirar, as imaxes e o texto permítennos botar unha ollada a un mundo marabilloso e ao noso alcance.

Agora, en galego, para facilitar a máis persoas que poidan acceder a esta información puntual. Vimos de crear un equipo de “tradutores” ou facilitadores de 10 persoas. Cada día, publicaremos a imaxe correspondente co texto en galego. Cada día, unha xanela aberta ao cosmos que nos arrodea.

Agardamos que nos leades, comentedes, difundades, sigades…

E se queres sumarte ao equipo sempre haberá sitio. Tanto para a tradución como para o soporte WordPress ou promoción en redes. Hai moito que facer.