Categorías
Uncategorized

Unha Lúa con banda azul

Crédito da imaxe: Angel Yu

Explicación: cal é a causa da banda azul que atravesa a Lúa durante unha eclipse lunar? A banda azul é real pero normalmente difícil de ver. A imaxe en HDR amosada aquí foi realizada en Tancheng, China durante a eclipse da semana pasada e foi dixitalmente procesada para homoxeneizar o brillo da Lúa e esaxerar as cores. A cor gris de abaixo á dereita é a cor natural da Lúa directamente iluminada pola luz solar. A parte superior esquerda da Lúa non está directamente iluminada pola luz do Sol xa que está eclipsada, isto é, atópase na sombra da Terra. Esta rexión atópase lixeiramente iluminada pola luz do Sol que atravesa a atmosfera da Terra. Esta parte da Lúa de cor vermella é coñecida a veces como Lúa de sangue, aínda que é vermella polo mesmo motivo que os solpores son vermellos na Terra: debido a que o aire dispersa moito máis a luz azul que a vermella. A curiosa banda azul é diferente, a súa cor débese á luz solar que pasou pola parte superior da atmosfera da Terra onde a luz vermella é absorbida polo ozono mellor ca luz azul. Unha eclipse total de Sol ocorrerá mañá, pero desafortunadamente, só será totalmente visible preto do Polo Sur da Terra. 

Categorías
Uncategorized

En movemento: Urano e as súas lúas

Crédito do vídeo: David Campbell (U. Hertfordshire), Bayfordbury Observatory

Explicación: que está cruzando o ceo? Trátase dun planeta demasiado feble para verse a ollo ceibe: Urano. O xigante gasoso máis alá de Saturno foi observado a comezos do mes preto da súa oposición, cando está máis próximo á Terra e ao seu máximo brillo. O vídeo amosado capturouse polo Observatorio Bayfordbury en Hertfordshire no Reino Unido e trátase dun time-lapse de catro horas que amosa Urano coas súas catro maiores lúas: Titania, Oberón, Umbriel e Ariel. O movemento aparente de Urano fronte ás estrelas do fondo está dominado polo propio movemento orbital da Terra ao redor do Sol. A cruz visible centrada sobre Urano denomínase pico de difracción e é causada pola luz difractándose ao redor dos catro brazos que soportan un dos espellos do telescopio. A rotación dos picos de difracción non está causada pola rotación de Urano, pero esencialmente débese á rotación da Terra. Durante os próximos meses o propio Urano será visible con anteollos, pero coma sempre, para ver as súas lúas será necesario un telescopio.

Categorías
Uncategorized

A extraordinaria espiral de LL Pegasi

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleHLAProcesado e Copyright: Jonathan Lodge

Explicación: Que creou a estraña estrutura espiral arriba á esquerda? Ninguén está seguro, aínda que é probable que estea relacionado cunha estrela nun sistema estelar binario entrando en fase de nebulosa planetaria, onde a súa atmosfera exterior é expulsada. A xigantesca espiral abrangue case un terzo dun ano luz e está enroscada catro ou cinco voltas completas, amosando unha regularidade sen precedentes. Dado o ritmo de expansión da espiral de gas, unha nova capa aparece cada 800 anos, case coincidente co tempo necesario para as dúas estrelas para orbitarse entre elas. O sistema estelar que a creou é comunmente coñecido como LL Pegasi ou AFGL3068 e IRAS 23166+1655. A imaxe amosada foi tomada en infravermello próximo polo Telescopio Espacial Hubble. O motivo polo que os brazos espirais teñen brillo propio segue sendo un misterio, a principal hipótese é que están iluminados pola luz reflexada das estrelas próximas. 

Categorías
Uncategorized

Un alto cantil no cometa Churyumov-Gerasimenko

Créditos da imaxe e LicenzaESARosetta spacecraft, NAVCAM; Procesado adicional: Stuart Atkinson

Explicación: Este alto cantil non se atopa nun planeta, nin sobre unha lúa, senón nun cometa. Foi descuberto como parte do níucleo escuro do Comeat Churyumov-Gerasimenko (CG) por Rosetta, unha sonda robótica lanzada pola ESA que se atopou co cometa orbitando ó Sol en 2014. O irregular cantil, tal e como aparece aquí destacado, foi fotografado por Rossetta en 2014. Aínda que se eleva aproximadamente un quilómetro de altitude, a baixa gravidade na superfice do Cometa CG faría que a escalada fose accesible, e incluso podería sobrevivirse a un salto dende o cantil. Aos pés do cantil hay un terreo relativamente liso salpicado de rochas de ata 20 metros de diámetro. Os datos de Rosetta indican que o xeo no Cometa CG ten unha fracción significamente diferente de deuterio, e polo tanto probablemente unha orixe diferente, que a auga dos océanos da Terra. Rosetta finalizou a súa misión cun impacto controlado sobre o Cometa CG en 2016. O Cometa CG acaba de completar outra aproximación á Terra e permanece visible a través dun pequeno telescopio.

Categorías
Uncategorized

Messier 101

Créditos da imaxe: NASAESACFHTNOAO;
Agradecementos – K.Kuntz (GSFC), F.Bresolin (U.Hawaii), J.Trauger (JPL), J.Mould (NOAO), Y.-H.Chu (U. Illinois)

Explicación: A grande e fermosa galaxia espiral M101 é unha das últimas entradas no famoso catálogo de Charles Messier, pero definitivamente non é unha das menos importantes. Con preto de 170.000 anos luz de diámetro, esta galaxia é enorme, casi dúas veces o tamaño da nosa propia galaxia Vía Láctea. M101 foi tamén unhas das nebulosas espiráis orixinais observadas polo gran telescopio do século XIX de Lord Rosse, o Leviatán de Parsontown. Emsamblada a partires de 51 exposicións rexistradas polo Telescopio Espacial Hubble no séculos XX e XXI, con datos adicionais dos telescopios terrestres, este mosaico abrangue 40.000 anos luz de diámetro ó longo da rexión central de M1010 nun dos retratos de galaxias espiráis de máis alta definición nunca publicados polo Hubble. A detallada imaxe amosa as impresionantes características do disco de estrelas e po da galaxia xunto coas galaxia de fondo, algunhas visibles a través da propia M101. Tamén coñecida coma a Galaxia do Molinete, M101 atópase dentro dos límites da constelación septentrional da Osa Maior, a uns 25 millóns de anos luz de distancia.