Categorías
Uncategorized

Un pouco coma Marte

Créditos da imaxe e Copyright: Robert Barsa

Explicación: A superficie deste planeta seméllase un pouco a Marte .Con todo, é realmente ó planeta Terra. Nunha composición en proxección dixital de tipo pequeno planeta, o mosaico de 360 grados tomouse preto de San Pedro no deserto chileno de Atacama. Os telescopios en cúpulas no horizonte toman vantaxe das afamadas noites claras e escuras da rexión. Tomada a principios de decembro, unha magnífica Vía Láctea arquéase sobre o horizonte por case 180 grados arredor do pequeno planeta con Orion prominente no ceo do sur. A familiar constelación ó revés para os observadores do ceo do hemisferio norte, Orion comparte esa noite do sur do mes de decembro casi fronte ás nubes Grande e Pequena de Magallanes. Pero o propio Planeta Vermello é o faro celeste máis brillante e amarelento neste ceo de pequeno planeta.

Categorías
Uncategorized

Marte en Tauro

Crédito da imaxe e Copyright:Petr Horalek / Institute of Physics in Opava

Explicación: podes ollar Marte no ceo da tarde hoxe. O novo fogar do rover Perseverance, o Planeta Vermello recorre actualmente a constelación de Tauro, preto no ceo das Sete Irmás ou Pléiades. De feito, nesta vista profunda de campo amplo captura a Marte moi preto da súa conxunción máis próxima ás Pléiades o 3 de marzo. Abaixo no centro, Marte é o punto amarelo brillante a uns 3 graos do cúmulo azulado. Competindo con Marte en cor e brillo está Adelbarán, a estrela alfa de Tauro. A xigante vermella atópase cara a esquerda da imaxe, enfronte do máis distante cúmulo das Híades na mesma liña de visión. Por outro lado, moi feble para ollarse están as escuras e poentas nebulosas localizadas ao longo do borde da masiva nube molecular de Perseo, co brillo vermello ded NGC 1499, a nebulosa de California arriba á dereita.

Categorías
Uncategorized

Estrelas sobre un volcán en erupción

Crédito da imaxe e Copyright: Giuseppe Vella

Explicación: o Etna estivo en erupción durante centos de miles de anos. Localizado en Sicilia, Italia, o volcán produce fontes de lava de case un quilómetro de altura. O Etna non só é un dos volcáns máis activos da Terra pero é ademáis un dos máis grandes medindo case 50 quilómetros na súa base e case 3 quilómetros de altura. Fotografado durante a erupción do mes pasado, unha lingua de lava sae disparada cara arriba mentres a lava quente flúe cara a parte inferior do volcán. Xusto enriba son visibles probablemente trazas de satélites, mentres que antigas estrelas aparecen no ceo na distancia. Esta erupción volcánica foi tan forte que foi preciso pechar os aeroportos cercanos para manter os avións alonxados da columna de cinza. A imaxe en primeiro plano e de fondo capturáronse consecutivamente pola mesma cámara e dende a mesma localización.

Categorías
Uncategorized

Ingenuity (Enxeño): Un Mini-Helicóptero en Marte

Crédito da ilustración: NASAJPL-CaltechMars 2020 – Perseverance

Explicación: e se fora posible voar en Marte? Pode que a NASA conseguira esa capacidade o mes pasado coa aterraxe de Perseverance, o rover que inclúe un pequeno acompañante voador chamado Ingenuity (enxeño) e alcumado Ginny. Aínda que Ginny é do tamaño dunha tostadora, o helicóptero conta con catro longas patas e dous rotores aínda máis grandes (1.2 metros) e é único na súa clase, nunca houbo nada semellante antes. Despois da súa posta en marcha, posiblemente en abril, o rover Perseverance do tamaño dun coche (“Percy”) retrocederá para darlle a Ginny espazo suficiente para tentar un primeiro voo sen precedentes. Na ilustración artística amosada os grandes rotores de Ginny amósanse proporcionándolle a sustentación suficiente para elevarse na feble atmosfera de Marte e explorar a área preto de Perseverance. Aínda que o propio Ingenuity non voará moi lonxe trátase dun prototipo para futuros robots aéreos que voarán non só en Marte se non tamén en Titán.

Categorías
Uncategorized

A nebulosa do Pelícano en vermello e azul

Créditos da imaxe e copyrightM. Petrasko, M. Evenden, U. Mishra (Insight Obs.)

Explicación: A nebulosa do Pelícano está a cambiar. Toda a nebulosa, designada oficialmente como IC 5070, está dividida da maior nebulosa do Norte por unha nube molecular chea de po escuro. A Pelícano, con todo, é particularmente interesante porque é unha mestura rara vez activa de formación estelar e nubes de gas en evolución. A imaxe foi procesada para resaltar dúas cores principais, o vermello e o azul, co vermello dominado pola luz emitida polo hidróxeno interestelar. A luz ultravioleta emitida polas novas estrelas enerxéticas está a transformar lentamente o gas frío da nebulosa en gas quente, co avance da fronteira entre ambos, coñecido como fronte de ionización, visible en vermello brillante a través do centro da imaxe. Quedan tentáculos especialmente densos de gas frío. Dentro de millóns de anos, esta nebulosa podería deixar de ser coñecida como a do Pelícano, xa que o equilibrio e a localización das estrelas e o gas seguramente deixarán algo que pareza completamente diferente.