Categorías
Uncategorized

Marte sobre o círculo de pedra de Duddo

Crédito da imaxe e Copyright: Ged Kivlehan

Explicación: que fan aquí estas grandes pedras? Un dos máis famosos círculos de pedra son as Cinco Pedras de Duddo en Northumberland, Inglaterra. Pousadas nun claro na cima dunha pendente, unha pequena excursión a través de campos baleiros levarate ante estas inhabituais pedras do tamaño dunha persoa, moi distintas a calquera de arredor. As erosionadas superficies dos brandos arenitos son consistentes con que se pousaran aquí fai unos 4 000 anos, máis as razóns de por que se fixo son descoñecidas. A imaxe amosada é unha composición de dúas imaxes sucesivas tomadas dende a mesma posición o pasado outubro baixo un ceo estrelado cando a Terra pasaba preto de Marte, facendo ao planeta vermello extraordinariamente grande e brillante. Marte aínda é visible no solpor, ainda que achegarase ao horizonte durante os próximos meses.