Categorías
Uncategorized

A Terra durante unha eclipse solar total

Créditos do video: GOES-16ABINOAANASA

Explicación: como se ve a Terra durante unha eclipse solar total? Aparece unha rexión escura onde a xente pode ver a eclipse por que alí é onde cae a sombra da Lúa. O punto de sombra móvese rápidamente a través da Terra a uns 2 000 quilómetros por hora, escurecendo os lugares ao seu paso típicamente durante uns minutos. O video amosa a Terra durante unha eclipse solar total a comezos deste mes. A secuencia en time-lapse feita dende un satélite en órbita xeoestacionaria comeza coa Terra de noite e co Sol erguéndose dende abaixo á dereita e as nubes ilumínanse co comezo do día no planeta azul. De súpeto, a sombra circular da Lúa aparece pola esquerda movéndose rápidamente atravesando América do Sur e desaparecendo por abaixo á dereita. O video remata cando anoitece de novo. A seguinte eclipse solar total ocorrerá en decembro, pero só será visible dende certos lugares da Antártida.