Categorías
Uncategorized

Amencer Omega

Créditos da imaxe e copyrightJuan Antonio Sendra

Explicación: capturar este amencer requiriu de sorte e tempo. En primeiro lugar, precisábase unha boa sincronización para capturar un veleiro que cruzase xusto diante dun Sol nacente. Ademais, por unha afortunada coincidencia, o propio Sol de fondo semella raro —parece a letra do alfabeto grego Omega (Ω)—. En realidade, o Sol continúa a ser circular -—a ilusión Omega creouse pola refracción da luz solar a través do aire morno xusto por enriba da auga—. Desde un punto de vista óptico, os pes da Omega maiúscula son en realidade unha imaxe invertida da rexión do Sol que está xusto enriba. Aínda que relativamente raros, os efectos ópticos causados pola atmosfera terrestre poden facer que obxectos distantes preto do horizonte -—incluíndo o Sol e a  Lúa— semellen bastante extraordinarios. Esta imaxe de exposición única tomouse no Mar Mediterráneo hai case dúas semanas preto de ValenciaEspaña.

Categorías
Uncategorized

Descompoñendo a luz de lonxe

Créditos da imaxe: VIMOSVLTESO

Explicación: No distante universo, o tempo asemella pasar lentamente. Posto que a luz dilatada polo tempo semella desprazarse cara o extremo vermello do espectro (desprazada ó vermello / redshifted) os astrónomos son quen de empregar o enlentecemento do tempo cosmolóxico para axudarse a medir as vastas distancias no universo. Destacada aquí, a luz de distantes galaxias descomponse nos seus colores constituintes (espectro), permitindo ós astrónomos medir ó desprazamento cosmolóxico ó vermello de liñas espectrais coñecidas. A novidade da imaxe destacada é que a distancia a centos de galaxias pode ser medida a partires dun único cadro, neste caso un tomado polo Espectógrafo MultiObxeto Visible (Visible MultiObject Spectrograph (VIMOS)) instalado no conxunto do Telescopio Moi Grande – Very Large Telescope (VLT) en Chile. Analizar a distribución de obxetos lonxanos permitirá comprender cando e cómo as galaxias e as estrelas se formaron, se agruparon e evolucionaron no universo primixenio.

Categorías
Uncategorized

Orión en profundidade

Créditos da ilustración & CopyrightRonald Davison

Explicación: Orion é unha constelación familiar. As posicións aparentes das súas estrelas en dúas dimensións crean un patrón ben coñecido na cunca do ceo nocturno do planeta Terra. Pero Orión pode non parece tan familiar nesta vista 3D. A ilustración reconstrúe as posicións relativas das estrelas máis brillantes de Orión, incluindo datos do catálogo Hipparcos de distancias de paralelaxe. A estrela amosada máis distante é Alnilam. A do medio na linea proxectada das tres que forman o cinturón de Orión cando se ve dende o plantea Terra, Alnilam está a preto de 2.000 anos luz, case 3 veces máis lonxe que as súas estrelas compañeiras no cinturón Altinak e Mintaka. A pesares de que Rigel e Betelgeuse aparentemente brillan máis no ceo do planeta Terra, iso fai que a máis distante Alnilam sea intrínsecamente (en magnitude absoluta) a máis brillante das estrelas familiares in Orión. No catálogo de Hipparcus, os erros nos paralelaxes medidos para as estrelas de Orión poden trasladarse en errores de distancia de 100 anos luz máis ou menos.

Categorías
Uncategorized

Arp 78: unha galaxia peculiar en Aries

Créditos da imaxe & CopyrightBernard Miller

Explicación: A peculiar  galaxia Arp 78 atópase dentro dos límites da cabeza da constelación de Aries, a uns 100 millóns de anos luz máis alá das estrelas e nebulosas da nosa galaxia Vía Láctea. Tamén coñecida coma NGC 772, o universo insular ten máis de 100.000 anos luz de diámetro e presenta un prominente brazo espiral externo neste detallado retrato cósmico. A súa galaxia compañeira máis brillante, a compacta NGC 770, está na parte superior dereita da espiral máis grande. A apariencia borrosa e elíptica de NGC 770 contrasta fermosamente cunha estrela picuda da Vía Láctea en primeiro plano en tonos amarelados. Seguindo ó longo de carrís de po e aliñados con novos cúmulos de estrelas azuis, o brazo espiral máis grande de ARP 78 é probablemente debido ás interaccións gravitacionais de marea. Débiles fluxos de material semellan conectar Arp 78 coas súas compañeiras galaxias cercanas.

Categorías
Uncategorized

Comeza o Ciclo Solar 25

Créditos da imaxe: NASASDO

Explicación: a tendencia xeral dos datos de avistamentos de manchas solares confirman que o mínimo de actividade do ciclo solar de aproximadamente 11 anos de duración sucedeu en decembro de 2019, marcando por tanto o comezo do Ciclo Solar 25. O quedo Sol, no seu mínimo de actividade, pódese ver na metade dereita da imaxe hemisférica partida. En contraste, na parte esquerda móstrase un activo Sol no seu máximo de actividade do Ciclo Solar 24, capturado en abril do 2014. As imaxes en ultravioleta extremo capturadas polo orbitador SDO (Solar Dynamics Observatory) destacan os rizos coronais e as rexións activas na luz producida polos átomos de ferro altamente ionizados. Controlando o clima espacial na contorna do noso propio planeta, o Ciclo Solar 24 foi relativamente quedo e as predicións sobre o ciclo 25 indican que tamén será así. O máximo de actividade do ciclo 25 espérase en xullo de 2025. O Ciclo Solar 1, o primeiro ciclo solar determinado a partires de rexistros históricos de manchas solares considérase que comezou cun mínimo en febreiro de 1755.