Categorías
Uncategorized

NGC 7822: un interrogante cósmico

Crédito da imaxe e Copyright: Yizhou Zhang

Explicación: parece un signo de interrogación de tamaño cósmico, pero a gran pregunta é como esta brillante nebulosa de gas e po conta unha historia de formación estelar. No borde desta xigantesca nube de gas molecular cara a constelación setentrional de Cefeo, a brillante rexión de formación estelar NGC 7822 atópase a máis de 3 000 anos luz de distancia. Nesta nebulosa, os extremos brillantes e as formas escuras destacan nesta detallada imaxe chea de cor. O mosaico de 9 paneis realizados durante 28 noites cun pequeno telescopio en Texas inclúe datos de filtros de banda estreita cos que se captura a emisión do osíxeno, hidróxeno e xofre atómicos en tons azuis, verdes e vermellos. Estas liñas de emisión e a combinación de cores convertéronse na ben coñecida paleta do Hubble. A emisión atómica é provocada pola enerxética radiación das estrelas quentes centrais. Os seus poderosos ventos e radiación esculpen e erosionan as formas de columna máis densas e xeran o característico claro de varios anos luz de tamaño no centro da nube orixinaria. Aínda pode existir formación estelar no interior das columnas debido ao colapso gravitacional pero estas columnas estanse erosionando de xeito que calquera estrela en formación será desprazada deste encoro de material estelar. Este campo de visión abrangue máis de 40 anos luz á distancia estimada de NGC 7822.

Categorías
Uncategorized

Bólido sobre o Lago Louise

Crédito da imaxe e Copyright: Hao Qin

Explicación: que convirte a un meteoro nun bólido? Primeiro de todo, todo mundo está de acordo que un bólido é un meteoro excepcionalmente brillante. Aclarado isto, a Unión Astronómica Internacional define un bólido como un meteoro máis brillante que unha magnitude aparente de -4, o que corresponde aproximadamente con ser máis brillante que calquera planeta, e tamén o suficientemente brillante como para proxectar unha sombra apreciable por un humano. Fotografado aquí, un astrofotógrafo capturou por accidente o meteoro máis brillante que nunca vira mentres tomaba unha imaxe de longa exposición do ceo nocturno. Claramente un bólido, a rocha espacial desintegrábase mentres xeraba un ronsel tan brillante que converteu a noite en día durante dous segundos ao comezo deste mes. O bólido foi artificialmente atenuado nesta imaxe para facer visible a paisaxe no Lago Louise en Alberta, Canadá. Aínda que os bólidos son raros, moita xente ten a sorte de velos e se ves un podes informar de que o viches. Se máis dunha persoa captura unha imaxe, o bólido podería rastrexarse ata o corpo do Sistema Solar do cal foi expulsado.

Categorías
Uncategorized

Sobrevoo de Juno a Xúpiter e Ganímedes

Crédito do video e imaxes: NASAJPL-CaltechSWRIMSSS;
Animación: Koji KuramuraGerald Eichstädt, Mike Stetson; Música: Vangelis

Explicación: como é voar sobre a maior lúa do Sistema Solar? En xuño, a sonda espacial Juno sobrevoou próxima a Xúpiter sobre a súa lúa xigante Ganímedes a tomou imaxes que foron dixitalmente combinadas neste detallado sobrevoo. Ao comezo do vídeo, Juno percorre a superficie de dous tons da lúa de 2 000 quilómetros de tamaño, revelando unha paisaxe alienixena xeada chea de fendas e cráteres. As fendas foron causadas probablemente polo movemento das placas superficiais, mentres que os cráteres foron causados por violentos impactos. Continuando a súa órbita, Juno realizou a continuación o seu sobrevoo número 34 sobre as nubes de Xúpiter. O vídeo construído dixitalmente amosa as numerosas nubes en rotación no norte e as zonas e bandas de cores da parte central nas que destacan varias nubes brancas ovais ao longo da cadea de perlas, e finalmente mías nubes en rotación no sur. O próximo setembro, Juno ten planeado un novo sobrevoo próximo a outra das lúas máis grandes de Xúpiter: Europa.

Categorías
Uncategorized

Siluetas de Lúa Chea

Créditos do video e Copyright: Mark GeeMúsica: Tenderness (Dan Phillipson)

Explicación: Viches algunha vez a saída da Lúa? A lenta ascensión dunha Lúa case chea sobre un horizonte despexado pode ser unha vista impresionante. Unha impresionante saída de lúa fotografouse a principios de 2013 sobre o Miradoiro do Monte Victoria en WellingtonNova Zelanda. Cunha cuidado planificación, un afanoso astrofotógrafo colocou a cámara a uns 2 quilómetros de distancia e apuntou cara o miradoiro onde a Lúa seguramente pronto estaría a facer o seu debut nocturno. A destacada secuencia de disparos únicos está sin editar e amosa en tempo real, non é un timelapse. A xente no Miradoiro do Monte Victoria Lookout vese como siluetas  admirando o mencer do satéllite máis grande da Terra. Ver a saída da Lúa non é dificil: acontece cada día, aínda que só a metade das veces pola noite. Cada día a Lúa sae uns quince minutos máis tarde que o día anterior, coa Lúa Chea saíndo sempre ó solpor. Este sábado, 16 de outubro, é a Noite Internacional de Observación da Lúa, onde poderás observar a Lúa en cuarto crecente xunto con outros entusiastas lunares.

Categorías
Uncategorized

50 anos luz a 51 Pegasi

Créditos da imaxe e Copyright: Josselin Desmars

Explicación: Hai só 50 anos luz a 51 Pegasi. A posición da estrela está indicada nesta instantánea de agosto, tomada nunha bretomosa noite coa maioría das estrelas visibles sobre a cúpula do Observatoire de Haute-Provence, en Francia. Fai vinteseis anos, en outubro de 1995, os astrónomos Michel Mayor e Didier Queloz anunciaron un profundo achádego feito no observatorio. Empregando un preciso espectrógrafo detectaron un planeta orbitando 51 Peg, o primeiro exoplaneta coñecido orbitando unha estrela coma o Sol. Mayor e Queloz empregaron o espectrógrafo para mediar os cambios na velocidade radial da estrela, un bamboleo regular causado polo tirón gravitacional do planeta en órbita. Nomeado 51 Pegasi b, determinouse que o planeta tiña unha masa polo menos da metade de Xúpiter e un periodo orbital de 4,2 días, polo que estaba moito mais preto da súa estrela nai que Mercurio do Sol. O seu descubrimento foi rápidamente confirmado e Mayor e Queloz foron galardoados como Premio Nobel en Física en 2019. Agora recoñecido coma o prototipo para a clase de exoplanetas coñecidos coma Xúpiter quentes, 51 Pegasi b foi formalmente chamado Dimidium, o termo latín para a metade, en 2015. Dende o seu descubrimento, atopáronse mais de 4.000 exoplanetas.