Categorías
Uncategorized

Os xigantes do verán

Créditos da Imaxe e Copyright: Jean-Luc Dauvergne

Explicación: mentres o Cometa NEOWISE pecorre os ceos boreais, Xúpiter e Saturno brillan con forza preto da oposición.
Con Xúpiter en oposición ao Sol o 14 de Xullo e Saturno o 21 de Xullo, ámbolos dous planetas xigantes atópanse na súa posición máis próxima á Terra en 2020. Compartindo a constelación de Saxitario, pódense contemplar durante toda a noite, ofrecendo as súas mellores e máis brillantes vistas a través do telescopio. Estas dúas nítidas imaxes capturadas o 22 de Xullo dende un balcón de París non decepcionan, amosando as características máis famosas de cada un dos planetas, os aneis de Saturno e a Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Estos dous xigantes dos Sistema Solar paga a pena seguilos durante todo o 2020. O 21 de Decembro, os astrónomos poderán contemplar a gran conxución de Xúpiter e Saturno, feito que sucede unha vez cada 20 anos.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 2827262524 de Xullo

Categorías
Uncategorized

NGC 6188: os dragóns de Ara

Créditos da imaxe e copyright: Ariel L. Cappelletti

Explicación: as formas negras de bordos brillantes que xorden do po de NGC 6188 teñen deceas de anos luz de lonxitude. Esta nebulosa de emisión atópase aparentemente preto da, polo contraio, escura e grande nube molecular da constelación austral de Ara, arredor de 4000 anos luz máis aló. Nadas naquela rexión hai só uns poucos millóns de anos, as xóvenes estrelas masivas que forman parte da asociación estelar de tipo OB1 de Ara esculpen estas fantásticas figuras, facéndoa brillar cos seus ventos estelares e intensa radiación ultravioleta. Esta recente formación estelar foi desencadeada seguramente polos ventos estelares e explosións de supernovas das xeracións previas de estrelas masivas, que varreron e comprimiron o gas molecular. A imaxe que se amosa foi feita durante máis de 10 horas cun telescopio dende un xardín en Córdoba (Arxentina) e foi coloreada empregando a paleta de cores do Hubble, destacando as emisións de xofre, hidróxeno e osíxeno en tonalidades vermellas, verdes e azuis. O campo de visión esténdese case catro Lúas cheas, o que corresponde cunha distancia de 150 anos luz á distancia estimada de NGC 6188.

Categorías
Uncategorized

MAGIC NEOWISE


Créditos da imaxe e Copyright: Urs Leutenegger

Os telescopios múltiples MAGIC de 17 metros de diámetro reflicten a noite estrelada dende o Observatorio do Roque de los Muchachos na illa de La Palma nas Illas Canarias. As siglas MAGIC significan Telescopio de Raios Gamma por Emisión de Radiación Cherenkov na Atmosfera (Major Atmospheric Gamma Imaging Cherenkov), estes telescopios poden ver os fugaces escintileos de luz visible xerados cando os raios cósmicos de alta enerxía impactan nas capas altas da atmosfera.
O 20 de Xullo, dous dos tres telescopios da fotografía estaban na procura de raios gamma provenientes do centro da Vía Láctea. No seu reflexo mostran o brillo das estrelas de Saxitario e o Escorpión cara o suroeste, preto do núcleo galáctico. Máis alá do conxunto de espellos segmentados e baixo o Carro Maior ou Setestrelo atópase o cometa NEOWISE. NEOWISE significa Explorador de Infravermellos de Campo Amplo de Obxectos Próximos á TErra (Near Earth Object Wide-field Infrared Survey Explorer). Este foi o satélite en órbita terrestre empregado no descubrimento do cometa designado como C/2020 F3, pero iso xa o sabes.

Imaxes do cometa NEOWISE
Xullo 23 22 || 21 || 20 || 19 || 18 || 17 || 16 || 15 || 14 || 13 || 12 || 11 || 10 e anteriores ||