Categorías
Uncategorized

Apollo 11: Terra, Lúa, Nave Espacial

Créditos da imaxe: NASAApollo 11Restauración – Toby Ord

Explicación: Despois da viaxe máis famosa dos tempos modernos, era hora de regresar á casa. Despois de demostrar que a humanidade ten a abilidade de ir máis aló dos confíns do planeta Terra, os primeiros humanos en camiñar noutro mundo — Neil Armstrong e Buzz Aldrin — voaron a etapa de descenso do seu Módulo Lunar de volta para atoparse con Michael Collins no Módulo de Mando e Servizo en órbita lunar. Fotografada aquí o 21 de Xullo de 1969 e restaurada dixitalmente fai pouco, a nave espacial ascendendo foi captada por Collins facendo a súa aproximación, coa Lúa en baixo, e a Terra ó lonxe. A área lisa e escura sobre a superficie lunar é Mare Smythii localizada xusto baixo o ecuador no extremo oriental da cara máis próxima da Lúa. Dise desta icónica imaxe que tódalas persoas menos unha estaban diante da cámara.

Categorías
Uncategorized

Nubes da Nebulosa Carina

Créditos da imaxe e Copyright: John Ebersole

Explicación: Qué formas se esconden nas brétemas da Nebulosa Carina? As escuras e omnimiosas figuras son realmente nubes moleculares, nós de gas molecular e po tan densos que voltaron opacos. Non obstante, en comparación, estas nubes son moito menos densas que a atmósfera da Terra. Destácase aquí unha imaxe detallada do núcleo da Nebulosa Carina, unha parte na que tanto as escuras e coloridas nubes de gas e po son particularmente prominentes. A imaxe capturouse a mediados de 2016 dende o Observatorio Siding Spring en Australia. Aínda que a nebulosa está predominantemente composta de gas hidróxeno — aquí coloreado en verde — asignáronselle á imaxe cores para que a luz emitida polas cantidades de trazas de xofre e osíxeno aparezan en vermello e azul respectivamente. A Nebulosa Carina completa, catalogada como NGC 3372, espállase máis de 300 anos luz e atópase a uns 7.500 anos luz na constelación de Carina. Eta Carinae, a estrela máis enerxética na nebulosa, foi unha das estrelas máis brillantes no ceo na década de 1830, pero despois esvaeceuse drásticamente.

Categorías
Uncategorized

Perseverance dende o Ingenuity

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechIngenuity

Explicación: Voando a unha altitude de 5 metros (pouco mais de 16 pes), o 25 de april o helicóptero Ingenuity tomou esta nítida imaxe. No seu segundo voo sobre a superficie de Marte, a súa cámara en cor estaba a mirar cara atrás cara a actual base do Ingenuity no Campo dos Irmáns Wright e o lugar de aterraxe Octavia E. Butler marcado polas pegadas do rover Perseverance na parte superior do cadro. O propio Perseverance mira dende a esquina superior esquerda a uns 85 metros de distancia. As puntas das patas de aterraxe do Ingenuity apenas asoman polos extremos esquerdo e dereito da campo de visión da cámara. No seu récord rexistrado no cuarto vo  completado o 30 de abril, Ingenuity recolleu imaxes dunha potencial nova zona de de aterraxe antes de voltar ó Campo dos Irmáns Wright. O quinto voo do Ingenuity sería só de ida, aínda que a aeronave de Marte estase a mover ó novo campo de voo, anticipando unha nova fase de voos de demostración operativos.

Categorías
Uncategorized

Lúa rosa e do perixeo

Créditos da imaxe e Copyright: Alice Ross

Explicación: O 25 de abril unha lúa prácticamente chea alzouse xusto despois do solpor. Acollida nun ceo azul claro e enmarcada polos cereixos en flor, a súa cara familiar foi capturada nesta instantánea dende Leith, Edinburgh, Escocia. Coñecida por algúns como Lúa Rosa, a fase de Lúa Chea de abril ocurriu coa Lúa preto do perixeo. Ese é o punto máis cercano na súa órbita non tan circular arredor do planeta Terra, fancendo esta Lúa Rosa unha das máis próximas e brillantes Lúas cheas do ano. Se a perdiches, no te preocupes. A túa próxima oportunidade de ver a Lúa Chea en perixeo será o 26 de maio. Coñecida por algúns como a Lúa das flores, a Lúa Chea de maio estará realmente máis preto de ti que a de abril por unhas 98 millas (158 quilómetross), ou aproximadamente o 0.04% da distancia de Terra á Lúa no perixeo.

Categorías
Uncategorized

Nebulosa Planetaria Mz3: a Nebulosa da Formiga

Créditos da imaxe: R. Sahai (JPL) et al., Equipa do Hubble HeritageESANASA

Explicación: Por qué este formiga non é unha gran esfera? A nebulosa planetaria Mz3 está sendo expulsada por unha estrela similar ó noso Sol que é, de certo, redonda. Entón, por qué o gas que se está a expelir nun fluxo crea unha nebulosa con forma de formiga que claramente non é redondeada? As pistas poderían incluir a alta velocidade de 1.000 quilómetros por segundo do gas expelido, os anos ano-luz de lonxitude da estrutura, e o magnetismo da estrela aquí destacada no centro da nebulosa. Unha posible resposta é que Mz3 está a ocultar unha segunda e máis feble estrela que orbita preto da brillante estrela. Unha hipótese alteranativa mantén que a o propio xiro e o campo magnético da propia estrela central están canalizando o gas. Posto que a estrela central semella ser similar ó noso propio Sol, os astrónomos ansían que o incremento do coñecemento da historia desta formiga xigante espacial poida proporcionar unha visión últil sobre probable futuro do noso propio Sol e da Terra.