Categorías
Uncategorized

Neptuno crecente e Tritón

Créditos da imaxe: NASAVoyager 2

Explicación: Desprazándose silandeiro a través do Sistema Solar exterior, a cámara da sonda espacial Voyager 2 capturou a Neptuno e a Tritón xuntos en fase crecente. A elegante imaxe do planeta xigante gaseoso e a súa nubrada lúa tomouse dende detrás xusto despois da súa aproximación máis cercana en 1989. Non podería ser feita dende a Terra posto que Neptuno nunca amosa a fase crecente á Terra cara o Sol. O inusual punto de vista tamén priva a Neptuno do seu familiar tono azul, xa que a luz solar vista dende aquí dispérsase cara adiante e polo tanto averméllase coma na posta de SolNeptuno é máis pequeno pero máis masivo que Urano, ten verios aneis escuros e emite máis luz da que recibe dende o Sol.

Categorías
Uncategorized

O límite do espazo

Créditos da imaxe & CopyrightRalf Rohner

Explicación: Onde comeza o espazo? Para propósitos de vos espaciais alguén podería dicir que na liña Karman, actualmente definida coma unha altitude de 100 quilómetros (60 millas). Outros ubicarían unha liña a 80 quilómetros (50 millas) sobre o nivel medio do mar da Terra. Pero non existe un límite físico nítido que marque o fin da atmósfera e o comezo do espazo. De feito, a liña Karman en sí mesma está preto da transición entra a parte alta da mesosfera e a baixa da termosfera. A brillante noite ou nubes noctilucentes son aparicións de verán en altas latitudes formadas a altitudes preto da parte superior da mesosfera, a uns 80 quilómetros ou máis, tamén coñecidas coma nubes mesosféricas polares. As banda de auroras boreais (e austrais) orixinadas por partículas enerxéticas qu excitan átomos na termosfera poden exterderse dende os 80 quilómetros ata máis de 600 quilómetros de altitude. Realizadas dende a cabina mentras se voaba a unha altitude de 10 quilómetros (33.000 pes)Taken from a cockpit while flying at an altitude of 10 kilometers (33,000 feet) no reino da da aeronáutica estratosférica, esta instantánea captura tanto as nubes noctilucentes como a aurora boreal baixo un ceo estrelado, mirando cara o horizonte do planeta Terra e o límite do espazo.

Categorías
Uncategorized

Elefante, morcego e lura

Créditos da imaxe e CopyrightPatrick Hsieh

Explicación: As nebulosas de emisión IC 1396 e Sh2-129 mesturan gas interestelar brillante e nubes de pó escuras neste campo de visión de 10 grados cara a constelación septentrional de Cefeo o Rey. Enerxizada pola súa estrela central azulada IC 1396 (esquerda) ten centos de anos luz de diámetro e atópase a uns 3.000 anos luz de distancia. As intrigantes formas escuras da nebulosa popularmente coñecidas coma a Trompa do Elefante están abaixo e á dereita do centro. Con decenas de anos luz de lonxitude, contén a materia prima para a formación de estrelas e sábese que oculta protoestrelas no seu interior. Localizada a unha distancia similar do planeta Terra, os brillantes nós e as crestas de emisión de Sh2-129 na dereita suxiren o seu nome popular, a Nebulosa do Morcego Voador. No interior do Morcego Voador, a inclusión máis recente a este zoolóxico real cósmico é a feble emisión azulada dende Ou4, a nebulosa da Lura Xigante.

Categorías
Uncategorized

A Galaxia Andrómeda en ultravioleta

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechGALEX

Explicación: Cómo se ve a Galaxia de Andrómeda en luz ultravioleta? Dominan as estrelas xovenes azuis que arrodean o centro galáctico. A só 2.5 millóns de anos luz de distancia, a Galaxia de Andromeda, tamén coñecida coma M31, realmente está á porta do lado en canto a galaxias se refire. Espallándose uns 230.000 anos luz, necesitáronse 11 campos de imaxe diferentes do telescopio espacial da NASA Galaxy Evolution Explorer (GALEX) para producir este magnífico retrato da galaxia esperial en luz ultravioleta in 2003. Mentras os seus brazos espirais destacan nas imaxes de luz visible, os brazos de Andromeda semellan aneis en ultravioleta. Os aneis son lugares dunha intensa formación de estrealas e interpretáronse como a evidencia de que Andrómeda colisionou coa súa veciña galaxia elíptica máis pequena, M32, fai máis de 200 millóns de anos. A Galaxia Andrómeda, e a nosa propia comparable Galaxia Vía Láctea, son os membros máis masivos do Grupo Local de galaxias e prevese que colisionen en varios miles de millóns de anos — quizáis entorno ó tempo que a atmosfera do noso Sol se expanda ata engulir a Terra.

Categorías
Uncategorized

Alphonsus e Arzachel

Créditos da imaxe & CopyrightNoel Donnard

Explicación: Apunta o teu telescopio cara o primeiro cuarto da Lúa esta noite. Ó longo do terminador, a liña de sombra entre a noite e o día, pódese atopar estos dous grandes cráteres que devolven a mirada dun búhoAlphonsus (esquerda) e Arzachel son antigos cráteres de impacto na orilla noreste do Mare Nubium, o Mar das Nubes lunar. O máis grande Alphonsus é de máis de 100 quilómetros de diámetro. Un ángulo do Sol baixo resalta o pico central do cráter, de 1.5 quilómetros de altura, á luz do sol e escuras sombras. Na búsqueda delugares de alunizaxe potencial para o Apollo, a nave espacial Ranger 9 devolveu imaxes en primeiro plano de Alphonsus antes de estrellarse no cráter xusto ó noreste (cara a parte superior esquerda) da súa montaña central en 1965. Alpetragius, entre Alphonsus e Arzachel, é o pequeno crater co chan profundamente ensombrecido e pico central máis grande.