
Explicación: en 2022 haberá catro superlúas. Empregando a definición dunha superlúa como unha Lúa chea preto do seu perixeo, istó é, canto se atopa polo menos ao 90% do seu máximo achegamento á Terra na súa órbita, as catro superlúas do ano serán o 16 de maio, 14 de xuño, 13 de xullo e 12 de agosto. A Lúa chea preto to perixeo é a máis grande e brillante no ceo da Terra. Pero as diferencias en brillo e tamaño entre as lúas cheas son relativamente pequenas e unha comparativa real con outras lúas cheas é moi difícil de facer a ollo. Nesta imaxe da superlúa do 14 de xuño combínanse dúas exposicións. Esta Lúa chea é coñecida tamén polos astrónomos do hemisferio norte como a Lúa de fresa. As exposicións curtas e longas consecutivas permiten que detalles familiares da Lúa completamente iluminada pola luz solar se vexan na mesma imaxe como a feble corona lunar. As imaxes capturáronse nos ceos sobre Chongqing, China.