Categorías
Uncategorized

Sorriso gravitacional

Crédito da imaxe: X-ray – NASA / CXC / J. Irwin et al. ; Óptico – NASA/STScI

Explicación: a teoría xeral da relatividade de Albert Einstein publicada fai más de 100 anos predicía o fenómeno de lente gravitacional. E é isto o que lle confire a estas galaxias distantes o seu aspecto tan extravagante, visto a través do espello de raios X e imaxe óptica dos telescopios espaciais Chandra e Hubble. Alcumada como o grupo de galaxias do Gato de Cheshire, as dúas grandes galaxias elípticas están encadradas por arcos. Estes arcos son imaxes ópticas da distantes galaxias de fondo ampliadas polo efecto lente da distribución total de masa do grupo de galaxias en primeiro plano. Por suposto, a masa gravitacional está dominada pola materia escura. As dúas grandes galaxias elípticas que forman os “ollos” representan os membros máis brillantes do seu propio grupo de galaxias que se están a fusionar. A súa velocidade relativa é de 1 350 quilómetros por segundo o que quece o gas ata millóns de graos producindo os raios X que amosados aquí en tons púrpuras. Tes curiosidade polos grupos de galaxias fusionándose? O sorriso do grupo de Gato de Cheshire está na constelación da Osa Maior a uns 4 600 miles de millóns de anos luz.