Categorías
Uncategorized

NGC 6334: A nebulosa Pata de Gato

Crédito da imaxe e Copyright: Stefan Steve Bemmerl e Team Wolfatorium (Hakos/Namibia)

Explicación: as nebulosas son famosas por identificarse con formas coñecidas así coma os gatos son coñecidos por meterse en problemas. Pero aínda non se coñece un gato que puidera ter creado a enorme nebulosa da Pata de Gato visible cara a constelación do Escorpión. A uns 5 500 anos luz de distancia, a Pata de gato é unha nebulosa de emisión cun color vermello que se orixina na abundancia de átomos de hidróxeno ionizado. Tamén coñecida como a nebulosa Garra de Oso e catalogada como NGC 6334, aquí, naceron estrelas dez veces máis masivas co Sol só nos últimos millóns de anos pasados. Amósase aquí unha vista profunda da nebulosa Pata de Gato en luz visible emitida polo hidróxeno, osíxeno e xofre.