Categorías
Uncategorized

NGC 3521: unha galaxia nunha burbulla

Crédito da imaxe e Copyright: Mark Hanson e Mike Selby

Explicación: a fascinante galaxia espiral NGC 3521 atópase a tan só 35 millóns de anos luz cara a constelación de Leo. Relativamente brillante no ceo da Terra, NGC 3521 é facilmente visible con pequenos telescopios pero frecuentemente esquecida polos fotógrafos amadores en favor de outras galaxias espirais de Leo como M66 e M65. Pero é difícil pasar por alto este retrato cósmico cheo de cor. Abranguendo uns 50 000 anos luz, a galaxia caracterízase polos seus irregulares brazos espirais enlazados en po, rosadas rexións de formación estelar e cúmulos de estrelas mozas azuis. Nesta imaxe profunda tamén atopamos a NGC 3521 embebida nas febles cunchas xigantes con forma de burbulla. Estas cunchas son probablemente refugallos capturados polas forzas de marea, correntes de galaxias arrincadas de galaxias satélites que se fusionaron no seu día con NGC 3521 nun pasado distante.