Categorías
Uncategorized

Planetas sobre unha pirámide exipcia

Crédito da imaxe e Copyright: Osama Fatehi

Explicación: o desfile de planetas da mañá continua. Visible en todo o mundo, os planetas Xúpiter, Venus, Marte e Saturno están aliñados no ceo xusto antes do amencer dende mediados de Abril. Na imaxe amosada realizada o mes pasado, os planetas fotos capturados enriba da Pirámide de Zoser, lugar patrimonio da humanidade pola UNESCO. Localizada na necrópole de Saqqara en Exipto, a pirámide construíuse no século 27 antes de Cristo e trátase dunha das pirámides máis antigas que se coñecen. A composición das dúas imaxes inclúe unha imaxe de primeiro plano feita durante a hora azul da tarde, e unha imaxe de fondo realizada dende o mesmo lugar á mañá seguinte. O aliñamento planetario da mañá vai cambiando pouco a pouco. Cara o final do mes, os planetas Xúpiter e Venus intercambiarán as súas posicións mentres que a finais deste mes Xúpiter e Marte cambiarán intercambiaranas despois de pasar a tan só un grao un do outro. Por suposto, este aliñamento planetario tan pintoresco é mera coincidencia, xa que todos estes mundos orbitan o Sol como o fixeron durante miles de millóns de anos, moito antes de que a antiga Pirámide de Zoser se construíra.