Categorías
Uncategorized

Eclipse solar parcial sobre Arxentina

Crédito da imaxe e Copyright: Aixa Andrada

Explicación: que lle acontece ao Sol? Fai dous días, nalgúns lugares de América do Sur puideron observar unha eclipse solar parcial, onde a Lúa bloqueou parcialmente ao Sol. A imaxe amosa o Sol parcialmente eclipsado a través das nubes mentres se poñía sobre a Patagonia, Arxentina. Na imaxe inclinada, a Terra está cara a dereita. Durante a eclipse, a Lúa movese parcialmente entre a Terra e o Sol. Aínda que é unha vista impresionante, o feble escurecemento dos arredores durante esta eclipse parcial foi menos notable que o escurecemento causado por unha nube espesa. Nunhas dúas semanas, todo América do Sur e parte de América do Norte experimentarán unha eclipse total lunar, onde a Terra moverase completamente entre a Lúa e o Sol. Dentro de dous anos, unha eclipse solar total cruzará América do Norte.