Categorías
Uncategorized

Primeira imaxe a escala do horizonte dun buraco negro

Créditos da imaxe: Event Horizon Telescope Collaboration

Explicación: Qué aspecto ten un burcaco negro? Para atopalo, radio telescopios ao redor a Terra coordinaron as observacións dos buracos negros cos mais grandes horizontes de sucesos coñecidos no ceo. So, os buracos negros son únicamente negros, pero sábese que estes monstruos atractores están arrodeados por gas incandescente. A primeira imaxe publicada resolveu a área ó redor do buraco negro no centro da galaxia M87 nunha escala por baixo da esperada para o seu horizonte de sucesosNa imaxe, a escura rexión central non é o horizonte de eventos senón a sombra do buraco negro: a rexión central de emisión de gas escurecido pola gravidade do buraco negro central. O tamaño e a forma da sombra determínase polo gas brillante preto do horizonte de sucesos, polas fortes desviacións das lentes gravitacionais e polo xiro do buraco negro. Na resolución desta sombra do buraco. negro, o Telescopio do Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope — EHT) reforzou a evidencia de que gravidade de Einstein funciona incluso en situacións extremas y deixou evidencias claras de que M87 ten un buraco negro xiratorio central dunha masa 6.000 millóns de veces o Sol. Dende a publicación desta imaxe destacada en 2019, o EHT expandiuse para incluir máis telescopios, observou máis buracos negros, reastrexou luz polarizada e está a traballar na observación da vecindade inmediata do buraco negro no centro da nosa GalaxiaVía Láctea.

Esta semana: A semana dos buracos negros