Categorías
Uncategorized

NGC 4565: Galaxy on Edge

Crédito da imaxe e Copyright: Michael Sherick

Explicación: a magnífica galaxia espiral NGC 4565 vese de perfil dende a Terra. Tamén coñecida como a Galaxia da Agulla polo seu perfil estreito, a brillante NGC 4565 é unha parada habitual de moitas exploracións telescópicas do ceo do hemisferio norte na feble pero poboada constelación de Coma Berenices. Esta nítida imaxe chea de cor amosa o bulbo central que constitúe o núcleo da galaxia cortado por escuras liñas de po que anoan o estreito plano galáctico de NGC 4565. Esta galaxia atópase a uns 40 millóns de anos luz e abrangue uns 100 000 anos luz. Visible facilmente con pequenos telescopios, as entusiastas do ceo consideran NGC 4565 como unha das marabillas celestes que Messier omitiu. 

Categorías
Uncategorized

O vital centro da Nebulosa da Lagoa

Crédito da imaxe: NASAESAHubbleProcesado e Copyright: Mehmet Hakan Özsaraç

Explicación: o centro da Nebulosa da Lagoa é un remuíño de espectacular formación estelar. Visible preto do centro da imaxe, son visibles dúas grandes nubes con forma de funil xeradas polos extremos ventos estelares e a intensa luz das estrelas, cada un deles abrangue aproximadamente medio ano luz. Unha estrela moi brillante, Herschel 36, ilumina a rexión. Espesos muros de po agochan e tinguen de vermello a outras estrelas quentes novas. A enerxía destas estrelas entra no frío po e gas, e as grandes diferenzas de temperaturas na rexións próximas xeran fortes ventos cortantes que poden causar estes funís. A imaxe, que abrangue uns 10 anos luz, combina imaxes tomadas en seis cores polo Telescopio Espacial Hubble. A Nebulosa da Lagoa, tamén coñecida como M8, atópase a uns 5 000 anos luz de distancia cara a constelación de Saxitario.  

Categorías
Uncategorized

O ceo profundo detrás da Lúa eclipsada

Crédito da imaxe e Copyright: Andrei Ionut Dascalu

Explicación: o plan era capturar esta pintoresca parte do ceo que acollía a un novo convidado. O resultado inclúe un premio, outro inesperado convidado adicional. O bonito fondo amosa parte da banda central da Vía Láctea á esquerda e as nubes de cores de Rho Ofiuco no centro da imaxe. O convidado trátase da feble e avermellada Lúa á dereita, este convidado era esperado xa que a imaxe realizouse durante a eclipse lunar total da pasada semana. A planificación ten que ser a correcta por que a Lúa, xusto antes e despois da eclipse, é tan brillante que ocultaría o fondo. O convidado inesperado e o brillante meteoro que cruza a imaxe. O trazo do meteoro capturouse en só unha das dez capturas profundas consecutivas feitas dende A Palma, nas Illas Canarias, mentres a imaxe da Lúa eclipsada foi captada xusto despois coa mesma cámara e dende o mesmo lugar. A próxima eclipse lunar total (tamén bastante esperada) ocorrerá a comezos de novembro.


Categorías
Uncategorized

A nebulosa planetaria Abell 7

Créditos da imaxe e Copyright: Donald Waid, Ron Dilulio

Explicación: a moi feble nebulosa planetaria Abell 7 atópase a uns 1.800 anos luz d edistancia, xusto ó Sur de Orión nos ceos do planeta Terra na constelación de Lepus, A Lebre. Arrodeada por estrelas da Vía Láctea e proto da línea de visión das lonxanas galaxias de fondo, a súa forma esférica xeralmente simple, duns 8 anos luz de diámetro, destácase neta imaxe telescópica profunda. Dentro dos seus confíns existen detalles fermosos e máis complexos, destacados polo uso de filtros de banda estreita. A emisión de hidróxeno amósase en tonos avermellados mentres que as emisións de osíxeno mapéanse en cores verdes e azuis, dando aa Abell 7 unha apariencia natural que, doutro xeito, sería demasiado feble para ser apreciada a simple vista. A nebulosa planetaria representa a moi breve fase final na evolución estelar que o noso propio Sol experimentará dentro duns 5.000 millóns de anos, cando a estrela central da nebulosa, unha vez similar ó Sol, se desprenda das súas capas exteriores. Estímase que Abell 7 ten uns 20.000 anos de idade. A súa estrela central vese aquí coma unha esvaecida anana blanca duns 10.000 millóns de anos.

Categorías
Uncategorized

Unha vista dende a sombra da Terra

Créditos da imaxe e Copyright: Maxime Oudoux

Explicación: Nesta sera paisaxe de area e ceo atópase a Duna de Pilat na costa de Francia, aínda na sombra da Terra durante as primeiras horas a mañá do 16 de maio. Extendéndose cara o espazo, a sombra escura do planeta cubriu a Lúa nesa data. Dende esa localización a fase de totalidade da eclipse lunar comezou antes da posta da Lúa. Aínda baixo a luz solar, a Estación Espacial Internacional cruzou dende o horizonte oeste e a maior Lúa artificial da TErra trazou un brillante arco plano a través de ceo a uns 400 quilómetros de altitude. Construida de forma sinxela, a escea panorámica ben planficada capturouse durante 5 minutos nuha serie de imaxes consecutivas.