
Explicación: “Meu Deus! Mira esa imaxe de ahí! É a Terra saíndo”. Wow é tan fermosa” Pouco despois desta afirmación, fai hoxe 50 anos, tomouse unha das máis famosas imaxes da historia dende a órbita da Lúa. Coñecida coma “Earthrise (Saída da Terra)“, a icónica imaxe amosa á Terra elevándose sobre o limbo da Lúa, tomada pola tripulación do Apollo 8. Pero a coñecida imaxe Earthrise é en realidade a segunda imaxe tomada da Terra elevándose sobre o limbo lunar, só foi a primeira en cor. Coa moderna tecnoloxía dixital, non obstante, a primeria imaxe real Earthrise, orixinalmente en branco e negro, remasterizouse agora para ter a resolución e a a cor combinadas das tres primerias imaxes. Contemplen! A imaxe destacada é un primeiro plano da imaxe da que o astronauta do Apollo 8 Bill Anders estaba a falar. Grazas á tecnoloxía moderna e ó enxenio humano, agora todos nos podemos vela. (Nota histórica: outra histórica imaxe en branco e negro da Terra poñéndose detrás do limbo lunar tomouna o robot Lunar Orbiter 1 dous anos antes).