Categorías
Uncategorized

Un ano de amenceres

Crédito da imaxe e Copyright: Luca Vanzella

Explicación: o Sol sempre sae pola mesma dirección? Non, a medida que os meses pasan a dirección cara a saída do Sol vai cambiando. Esta imaxe amosa a dirección do amencer cada mes durante o 2021 vista dende a cidade de Edmonton, Alberta, Canadá. A cámara nesta imaxe sempre está apuntando cara o leste, co norte cara a esquerda e o sur cara a dereita. Como se amosa no vídeo que acompaña á imaxe, a imaxe superior foi realizada en decembro de 2020 mentres que a imaxe de abaixo foi tomada en decembro de 2021, facendo 13 imaxes en total. Aínda que o Sol sempre sae polo leste en xeral, sae máis cara o sur preto do solsticio de decembro e máis cara o norte preto do solsticio de xuño. En moitos países, o solsticio de decembro é considerado oficialmente como o cambio de estación, por exemplo, como o primeiro día do inverno no hemisferio norte. O quecemento polo Sol e a enerxía almacenada na superficie e na atmosfera da Terra achégase ao seu mínimo durante o inverno, facendo do inverno a estación máis fría de todo o ano.

Categorías
Uncategorized

Lúas detrás dos aneis de Saturno

Crédito da imaxe: NASAESAJPLCassini Imaging Team

Explicación: que lle pasou a esta lúa de Saturno? Non lle sucede nada, Rhea, a lúa de Saturno, simplemente está parcialmente agochada detrás dos aneis. En 2010, a sonda Cassini en órbita ao redor de Saturno naquel momento realizou esta imaxe de pequena apertura ollando ao través dos aneis máis famosos do Sistema Solar. Os aneis, visibles en primeiro plano inclúen o fino anel F no exterior e os máis anchos aneis A e B xusto no interior. Aínda que parece deslizarse sobre os aneis, a lúa Xano (Janus) atópase realmente moito máis lonxe detrás deles. Xano é unha das lúas máis pequenas de Saturno e tan só mide 180 quilómetros. Máis lonxe dende a cámara está Rhea, unha lúa chea de cráteres e de moito maior tamaño, medindo 1 500 quilómetros de tamaño. A parte superior de Rhea é visible ao través dos ocos entre os aneis. Tras máis dunha década de exploración e descubrimentos, a sonda Cassini quedou sen combustible en 2017 e foi dirixida para entrar na atmosfera de Saturno onde seguramente se derreteu.

Categorías
Uncategorized

A gran cola do Cometa Leonard

Crédito da imaxe e Copyright: Jan Hattenbach

Explicación: non poderías ver a gran cola do Cometa Leonard cun telescopio xa que é demasiado longa. Tampouco poderías vela con prismáticos, xa que aínda así é demasiado longa. Nin cos teus ollos, xa que é demasiado feble. Nin dende unha cidade, xa que o ceo é moi brillante. Pero dende unha localización escura cun horizonte baixo, a túa cámara si que podería. E aínda será posible se o cometa sobrevive hoxe ao seu máximo achegamento ao Sol, que ocorrerá entre as órbitas de Mercurio e Venus. A imaxe amosada creouse a partir de dúas imaxes profundas realizadas cunha cámara de gran angular dende A Palma, nas Illas Canarias en España a finais do mes pasado. Despois disto, se sobrevive, o núcleo do Cometa Leonard dirixirase cara afora do Sistema Solar para nunca regresar.

Categorías
Uncategorized

Cuádruplo Halo Lunar sobre Estrada Invernal

Créditos da imaxe & Copyright: Dani Caxete

Explicación: Ás veces, a caída de cristais de xeo fan que a atmósfera se transforme nunha lente xigante que orixina arcos e halos ó redor do Sol e a Lúa. Unha noite de Sábado de 2021 foi precisamente un destes momentos preto de MadridEspaña, onde o ceo invernal amousou non só unha brillante Lúa senon catro raros halos lunares. O obxecto máis brillante, preto da parte superior da imaxe destacada, é a Lúa. A luz da Lúa refráctase a través dos cristais de xeo hexagonais nun raro halo de 22 grados que rodea a Lúa. Alongando o arco de 22 grados horizontalmente hay un halo circunscrito máis raro aínda, orixinado por unha columna de cristais de xeo. Aínda máis raro, parte do luar refráctase a través de cristais de xeo en movemento máis lonxanos para formar un (terceiro) arco de arcodavella a 46 grado da Lúa e que aparece aquí xusto por riba dunha pinturesca paisaxe invernal. Ademáis, tamén é visible parte dun halo cirular completo de 46 grados, polo que se capturou un extremadamente raro — especialmente para a Lúa — halo cuádruple. Lonxe no fondo atópase unha famose paisaxe invernal que inclúe Sirio, o cinturón de Orión, e Betelgeuse, visible entre os arcos interno e externo. Os halos and arcos soen durar entre minutos e horas, polo que se se ve un debería dar tempo a invitar a familia, amigos ou veciños a compartir a súa inusual vista  do ceo.

Categorías
Uncategorized

As Lúas Cheas de 2021

Créditos da imaxe e Copyright: Soumyadeep Mukherjee

Explicación: Cada Lúa Chea de 2021 brilla neste proxecto de astrofotografía que abrangue todo o ano, un retrato composto da familiar cara visible da Lúa en cada fase lunar máis brillante. Ordeadas por Lúas, o ano avanza en franxas escomenzando na parte superior. Tomadas coa mesma cámara e lente, as franxas proveñen de imaxes da Lúa Chea combinadas á mesma escala de píxeles. As franxas seguen parecendo desiguais, pero amosan que o tamaño angular da Lúa Chea varía ó longo do ano en función da súa distancia a Calcuta, India, Plantea Terra. O mes do calendario, o nome da Lúa Chea, a distancia en quilómetros e o tamaño angular indícanse en cada franxa. O tamaño angular está en minutos de arco, que se corresponden a 1/60 de grado. A Lúa Chea máis grande está preto do perixeo ou aproximación máis cercana en maio. A máis pequena atópase preto do apoxeo, a Lúa Chea máis distante en decembro. Por suposto as Lúas Cheas de maio e novembro tamén se deslizaron cara a sombra da Terra durante os dous eclipses lunares de 2021.