Categorías
Uncategorized

Po, estrelas e gas preto de Antares

Crédito da imaxe e Copyright: Mario Cogo (Galax Lux)

Explicación: por que o ceo preto de Antares e Rho Ofiuco é tan poeirento pero á vez tan colorido? As cores resultan dunha mestura de obxectos e procesos. O po fino, iluminado de fronte pola luz da estrela produce unha nebulosa azul de reflexión. As nubes gasosas onte os átomos están excitados pola luz ultravioleta das estrelas producen nebulosas de emisión vermellas. As nubes de po bloquean a luz das estrelas polo que son escuras. Antares, unha superxigante vermella, é unha das estrelas máis brillantes do ceo nocturno e ilumina as nubes de tons amarelos e vermellos abaixo á dereita da imaxe amosada. O sistema estelar de Rho Ofiuco atópase no centro da nebulosa de reflexión arriba á esquerda. O distante cúmulo globular de estrelas visible enriba e á dereita de Antares é M4. Estes cúmulos estelares son aínda máis coloridos do que os humanos poden ver, emitindo luz en todo o espectro electromagnético.

Categorías
Uncategorized

Vídeo: o Cometa Leonard ao longo dunha hora

Crédito do vídeo e Copyright: Matipon Tangmatitham (NARIT); Texto: Matipon Tangmatitham

Explicación: a onde se dirixe o cometa? A xulgar pola cola, un podería pensar que o Cometa Leonard viaxa cara abaixo á dereita, pero unha análise 3D amosa que viaxa directamente na dirección oposta á cámara. Con esta perspectiva, a cola de po apunta á cámara e só pode ser vista como un pequeno brillo amarelo claro preto da cabeza do cometa. Pero a cola iónica de cor azul composta de ións expulsados están forzados a escapar directamente dende a dirección o Sol pola acción do vento solar, aínda que conducidos polas liñas do campo magnético do Sol. O campo magnético do Sol é bastante complexo, pero en ocasións unha reconexión magnética solar pode romper a cola iónica en nos que son expelidos cara afora dende o Sol. Un destes nos é visible no time-lapse dunha hora amosado e realizado a finais de decembro dende Tailandia. O Cometa Leonard estase esvaecendo mentres se dirixe cara as aforas do Sistema Solar.


Categorías
Uncategorized

Rigel e a Cabeza da Meiga

Crédito da imaxe e Copyright: José Mtanous

Explicación: á luz das estrelas, este rostro arrepiante brilla na escuridade, un perfil torto que evoca o seu nome popular, a Nebulosa Cabeza de Meiga. De feito, este retrato telescópico produce a sensación de que a meiga fixou a súa mirada en Rigel, a estrela superxigante de Orión. Máis formalmente coñecida como IC 2118, a Nebulosa Cabeza de Meiga abrangue uns 50 anos luz e está composta por grans de po interestelar que reflexan a luz de Rigel. A cor azul na Nebulosa Cabeza de Meiga e o po que rodea a Rigel non só está causada pola intensa luz azul de Rigel, se non tamén polos grans de po que dispersan máis eficazmente a luz azul que a vermella. O mesmo fenómeno físico causa que o ceo diúrno da Terra sexa azul, aínda que os dispersores na atmosfera terrestre son as moléculas de nitróxeno e osíxeno. Rigel, a Nebulosa Cabeza de Meiga, e o gas e o po que as roden atópanse a uns 800 anos luz de distancia.


Categorías
Uncategorized

Saturno, Tetis, aneis e sombras

Créditos da imaxe: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA

Explicación: Vistos dende a xeada lúa Tetis, os aneis e as sombras amosarían unhas fantáticas vistas do sistema saturniano. Non pasaches por Tetis últimamente? Entón esta maravillosa paisaxe de aneis dende a sonda Cassini terá que ser suficiente polo de agora. Capturado coa luz solar xunto por baixo e á esquerda do centro da imaxe en 2005, Tetis ten uns 1.000 quilómetros de diámetro e orbita a menos de cinco radios de saturno dende o centro do planeta xigante gaseoso. A esa distancia (uns 300.000 quilómetros) atópase moi lonxe dos principais aneis brillantes de Saturno, pero Tetis é unha das cinco lúas principais que se atopan dentro dos límites do débil e tenue a anel exterior E. Descuberto na década de 1980, as dúas pequenas lúas Telesto e Calypso mantéñense estables ó longo do órbita de Tetis. Telesto precede e Calipse segue a Tetis mentras o trío xira entorno a Saturno.

Categorías
Uncategorized

A Lúa Chea e a Bailarina

Créditos da imaxe e Copyright: Elena Pinna

Explicación: O luns, a Lúa Chea de xaneiro saiu mentres o Sol se poñía. Fotografada preto do horizonte leste, os seus tonos cálidos vense nest imaxe tomada preto de Cagliari, capital da islla italiana de Cerdeña. Por suposto, os patróns familiares de luz e sombras ó longo da cara visible da Lúa son creados polas brillantes e escarpadas terras altas e as escuras e suaves mareas lunares. Tradicionalmente os patróns vense coma pareidolias, dando a ilusión visual dunha cara humana, coma o Home na Lúa ou dun animal familiar coma o coello da Lúa. Pero por un momento, o enxame de murmurizacións, tamén coñecido coma bandada de estorniños, conxeado no campo de visión da imaxe aporta outro elemento pareidólico á escea. Algúns poden ver a grácil figura dunha bailarina enfeitizada pola luz da Lúa.