Categorías
Uncategorized

O norte da Nebulosa Carina

Crédito da imaxe e Copyright: Roberto Colombari

Explicación: a Gran Nebulosa de Carina é o fogar de estrañas estrelas e icónicas nebulosas. Alcumada a partir da constelación que a acolle, a enorme rexión de formación estelar é maior e máis brillante ca Gran Nebulosa de Orión pero menos coñecida xa que está moi ao sur e por que unha gran parte da humanidade vive moi ao norte. A imaxe amosa en gran detalle a parte máis ao norte da Nebulosa de Carina. As nebulosas visibles inclúen os filamentos semicirculares que rodean á estrela activa Wolf Rayet 23 (WR23) na marxe esquerda. Xusto á esquerda do centro atópase a Nebulosa Gabriela Mistral, que consiste nunha nebulosa de emisión de gas brillante (IC 2599) rodeando ao pequeno cúmulo estelar abertos NGC 3324. Enriba do centro da imaxe está o gran cúmulo estelar NGC 3293, mentres que á súa dereita atópase a relativamente feble nebulosa de emisión designada Loden 153. Pero o habitante máis famoso da Nebulosa Carina non é amosado. Fora da imaxe cara abaixo á dereita atópase a brillante, errática e maldita estrela coñecida como Eta Carinae, unha estrela que no seu día foi unha das máis brillantes do ceo e agora a predición di que estoupará como unha supernova nalgún momento os próximos millóns de anos.