Categorías
Uncategorized

Po, estrelas e gas preto de Antares

Crédito da imaxe e Copyright: Mario Cogo (Galax Lux)

Explicación: por que o ceo preto de Antares e Rho Ofiuco é tan poeirento pero á vez tan colorido? As cores resultan dunha mestura de obxectos e procesos. O po fino, iluminado de fronte pola luz da estrela produce unha nebulosa azul de reflexión. As nubes gasosas onte os átomos están excitados pola luz ultravioleta das estrelas producen nebulosas de emisión vermellas. As nubes de po bloquean a luz das estrelas polo que son escuras. Antares, unha superxigante vermella, é unha das estrelas máis brillantes do ceo nocturno e ilumina as nubes de tons amarelos e vermellos abaixo á dereita da imaxe amosada. O sistema estelar de Rho Ofiuco atópase no centro da nebulosa de reflexión arriba á esquerda. O distante cúmulo globular de estrelas visible enriba e á dereita de Antares é M4. Estes cúmulos estelares son aínda máis coloridos do que os humanos poden ver, emitindo luz en todo o espectro electromagnético.