Categorías
Uncategorized

Vídeo: o Cometa Leonard ao longo dunha hora

Crédito do vídeo e Copyright: Matipon Tangmatitham (NARIT); Texto: Matipon Tangmatitham

Explicación: a onde se dirixe o cometa? A xulgar pola cola, un podería pensar que o Cometa Leonard viaxa cara abaixo á dereita, pero unha análise 3D amosa que viaxa directamente na dirección oposta á cámara. Con esta perspectiva, a cola de po apunta á cámara e só pode ser vista como un pequeno brillo amarelo claro preto da cabeza do cometa. Pero a cola iónica de cor azul composta de ións expulsados están forzados a escapar directamente dende a dirección o Sol pola acción do vento solar, aínda que conducidos polas liñas do campo magnético do Sol. O campo magnético do Sol é bastante complexo, pero en ocasións unha reconexión magnética solar pode romper a cola iónica en nos que son expelidos cara afora dende o Sol. Un destes nos é visible no time-lapse dunha hora amosado e realizado a finais de decembro dende Tailandia. O Cometa Leonard estase esvaecendo mentres se dirixe cara as aforas do Sistema Solar.