Categorías
Uncategorized

O Chorro da Estrela Nova MHO 2147

Créditos de imaxe e License: International Gemini Observatory / NOIRLab / NSF / AURA
Agradecementos: L. Ferrero (Universidad Nacional de Córdoba)

Explicación: As estrelas láser guía e as ópticas adaptativas deron nitidez a esta impresionante imaxe terrestre de chorros estelares dende o Observatorio Gemini Sur, nos Andes Chilenos, planeta Terra. Estes chorros xemelgos de MHO 2147 proveñen den unha estrela nova en formación. Atópase cara a centro da Vía Láctea e os límites das constelacións do Seteiro e Ofiuco a unha distancia estimada duns 10.000 anos luz. No centro, a propia estrela está oscurecida por unha densa rexión de po frío. Pero a imaxe infravermella segue a trazar o sinuoso chorro ó longo do marco que se espallaría uns 5 anos luz de distancia estimada do sistema. Impulsados cara o exterior pola nova estrela en rotación, a aparente dirección errante dos chorros é probablemente debida á precesión. Parte dun sistema estelar múltiple, o eixo de rotación da nova estrela precesaría lentamente ou cambalearía coma unha buxaina baixo a influencia gravitacional das súas cercanas compañeiras.