
Procesado e Copyright: R. Gendler e R. Croman
Explicación: o obxecto máis distante visible a ollo nu é M31, a gran Galaxia de Andrómeda. Aínda a 2.5 millóns de anos luz de distancia, esta inmensa galaxia espiral que abrangue 200 000 anos luz é visible, aínda que moi feble, como unha pequena nube na constelación de Andrómeda. En contraste, o seu núcleo amarelo brillante, as escuras liñas de po, os brazos espirais inzados de cúmulos estelares azuis e nebulosas vermellas son capturados nesta espectacular imaxe telescópica que combina datos do Hubble dende a órbita con imaxes dende terra dende Subaru e Mayall. En tan só 5 000 millóns de anos, a galaxia de Andrómeda será moito más fácil de ver, e probablemente abranguerá todo o ceo nocturno xusto antes de fusionarse coa Vía Láctea.