Categorías
Uncategorized

Dende Orión á Cruz do Sur

Crédito da imaxe e Copyright: Lucy Yunxi Hu

Explicación: o ceo está cheo de iconas brillantes. Á esquerda de todo está a familiar constelación de Orión, dividida polo seu icónico cinto de tres estrelas aliñadas e a famosa Nebulosa de Orión, os dous englobados polo Lazo de Barnard. Xusto á esquerda do centro da imaxe atópase a estrela máis brillante da noite: Sirio. Formando un arco no centro da imaxe vemos a banda central da Vía Láctea. Na dereita de todo, preto da parte superior, atópanse as dúas galaxias satélite da Vía Láctea máis brillantes: a Gran Nube de Magalhães (LMC) e a Pequena Nube de Magalhães (SMC). Tamén á dereita de todo, xusto enriba do horizonte anubrado, atópase a constelación da Crux, completa coas catro estrelas que forman a icónica Cruz do Sur. A imaxe amosada trátase dunha composición de 18 exposicións consecutivas realizadas coa mesma cámara e dende o mesmo lugar no leste de Australia durante os derradeiros días do ano pasado. En primeiro plano, as pintorescas columnas basálticas de Bombo Quarry que revelan o inmenso Océano Pacífico