Categorías
Uncategorized

Unha treboada eléctrica en retirada ó solpor

Créditos da imaxe e Copyright: Alan Dyer (O ceo asombroso // The Amazing Sky)

Explicación: Qué tipo de nube é esa? Esta nube cumulonimbus en retirada, máis comunmente chamada nube de treboada, e algo inusual xa que contén as inusuais protuberancias dunha nube mammatus no extremo máis cercano, mentra que simultáneamente produce a caída de chuvia no extremo oposto. Tomada a mediados de 2013 no sur de AlbertaCanada, a nube está a moverse cara o leste, na distancia, mentres que o Sol se pon no oeste, detrás da cámara. Na imaxe destacada, as cores gráficas do solpor cruzan o ceo para dar a xa de por sí fotoxénica nube uns rechamantes tonos laranxas e rosados. Un ceo azul escurecéndose, cobre o fondo. Ademáis nadistancia, unha Lúa nacente, crecente e gibosa é visible no extremo dereito.

Categorías
Uncategorized

A Europa de Galileo

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSETI Institute, Cynthia Phillips, Marty Valenti

Explicación: Mirando cara o sistema Xoviano a fináis da década de 1990, a sonda Galileo rexistrou impresionantes vistas de Europa e descrubriu probas de que a superfice xeada da lúa probablemente agocha un océano profundo e global. Os datos da imaxe da Europa de Galileo remastererizáronse aquí, con calibracións melloradas para producires unha imaxe en cor que se aproxima ó que ollo humano vería. As largas e curvadas fracturas de Europa indican a existencia de auga líquida no subsolo. A flexión da marea que experimenta a gran lúa na súa órbita elíptica arredor de Xúpiter suministrad a enerxía necesaria para manter o océano líquido. Pero o máis tentador é a posibilidade de que incluso en ausencia de luz solar ese proceso poida suministrar a enerxía necesaria para dar soporte á vida, facendo de Europa un dos melloreslugares para a búsqueda da vida máis aló da Terra. Qué clase de vida podería prosperar nun océano profundo, escuro e subterráneo? Pensemos nas propias gambas extremas do noso planeta Terra.