Categorías
Uncategorized

NGC 1566: a Galaxia Espiral da Bailarina Española

Créditos da imaxe e Copyright: Mark Hanson and Mike Selby

Explicación: Un universo insular de miles de millóns de estrelas, , NGC 1566 atópase a uns 60 millóns de anos luz de distancia na constelación austral do Dorado. Popularmente coñecida coma a galaxia da Bailarina Española, vese de frente dende a perspectiva da nosa Vía Láctea. Unha magnífica espiral belamente diseñada, os seus dous elegantes brazos espirais espállanse uns 100.000 anos luz, trazados por brillantes cúmulos de estrelas azuis, rexións rosadas de formación de estrelas e liñas de remuiños de po cósmicoO centro de NGC 1566 fai da espiral unha das máis próximas e brillantes galaxias de Seyfert. Probablemente de cobixo a un buraco negro central supermasivo que causa estragos nas estrelas, gas e po dos redores. Neste nítido retrato da galaxia austral as estrelas picudas atópanse ben no interior da Vía Láctea.