Categorías
Uncategorized

Remanente da supernova Simeis 147

Supernova Remnant Simeis 147
Image Credit & Copyright:Jason Dain

Explicación: é fácil perderse seguindo os enleados e retortos filamentos nesta imaxe en detalle dos remanentes da supernova Simeis 147. Tamén catalogada como Sharpless 2-240 é coñecida polo seu alcume popular, a Nebulosa Espaguete. Vista cara a fronteira das constelacións do Touro e o Auriga, abrangue case 3 graos ou 6 lúas cheas no ceo. Isto equivale a uns 150 anos luz á distancia estimada de 3 000 anos luz á que se atopa esta nube de restos estelares. A composición inclúe datos de imaxes feitas con filtros de banda estreita onde a emisión vermella débese aos átomos de hidróxeno ionizado e a emisión verde azulada aos átomos de osíxeno dobremente ionizado, que delimitan o gas brillante impulsado. Os restos da supernova teñen unha idade estimada duns 40 000 anos, o que significa que a luz do estalido estelar masivo acadaron a Terra por primeira vez fai 40 000 anos. Pero os restos en expansión non son a única consecuencia. Esta catástrofe cósmica tamén deixa atrás unha estrela de neutróns en rotación ou pulsar, todo o que queda do núcleo da estrela orixinal.