Categorías
Uncategorized

Cuadrántidas do Norte

Créditos da imaxe e Copyright: Cheng Luo

Explicación: A Chuvia de Meteoros das Cuadrántidas, que leva o nome dunha constelación esquecida, é un espectáculo anual para observadores do hemisferio norte do planeta Terra. O radiante no ceo da chuvia atópase dentro da vella, e astronómicamente obsoleta constelación de Quadrans Muralis. A localización non está lonxe da Osa Maior, nos bordos das modernas constelacións de Bootes e Draco. De feito, a estrela do Norte, Polaris, está xusto en baixo do centro neste marco e o asterismo da Osa Maior (coñecida coma o Arado) por riba dela, co radiante da chuvia de meteoros á dereita. Apuntando de novo cara o radiante, os meteoros das cuadrántidas cruzan a noite no paisaxe celeste panorámico, unha composición de imaxes tomadas nas horas próximas ó máximo da chuvia, o 4 de xaneiro de 2022. No primeiro plano, os radio telescopio do Radioheliógrafo Espectral Chino, na estación de Observación Mingantu, Mongolia interior, China. Unha proable orixe do fluxe do po que produce os meteoros das cuadrántidas identificouse en 2003 coma un asteroide.