Categorías
Uncategorized

Eclipse solar eufórico

Créditos da imaxe e Copyright: Annie Schmidt (Point Blue Conservation Science)

Explicación: Un pingüín macho Adelia realizou esta Vocalización eufórica en silueta durante o eclipse solar do 4 de decembro, o derradeiro eclipse de 2021. Por suposto, esta Vocalización Eufórica é unha exibición especial que os pingüíns macho empregan para reclamar o seu territorio e para advertir da súa condición. O territorio deste pingüín, no Cabo Crozier da Antartida, está localizado nunha das colonias de pingüíns Adelia máis grandes. A colonia estudiárona investigadores por máis de 25 anos. Dende aló, o eclipse do pasado decembro foi total nun 80% na súa fase máxima cando a sobra da Lúa cruzaba o continente máis austral do planeta Terra.