Categorías
Uncategorized

Os derradeiros días de Venus como a Estrela da Tarde

Crédito da imaxe e Copyright:Tamas Ladanyi (TWAN)

Explicación: isto non é unha Lúa crecente pasando por detrás das torres dunha catedral despois do solpor. Trátase de Venus na súa fase crecente. A uns 40 millóns de quilómetros de distancia e cun 2 por cento iluminado pola luz solar, foi capturado cunha cámara e un teleobxectivo nesta serie de exposicións mentres se poñía nos ceos occidentais o 1 de xaneiro dende Veszprem, Hungría. O brillante sinal celestial esvaecíase no crepúsculo da tarde e os seus días como a estrela da tarde rematan durante o comezo do 2022. Pero tamén o seu tamaño aparente vai crecendo facéndose aínda máis feble nestas vistas telescópicas. Dirixíndose cara a súa conxunción inferior, o planeta interior posicionarase entre a Terra e o Sol o 9 de xaneiro e perderémolo de vista no brillo solar. Pero un Venus crecente aparecerá axiña. Saíndo polo leste a mediados do mes xusto antes do Sol como a brillante estrela da mañá.