Categorías
Uncategorized

A gran cola do Cometa Leonard

Crédito da imaxe e Copyright: Jan Hattenbach

Explicación: non poderías ver a gran cola do Cometa Leonard cun telescopio xa que é demasiado longa. Tampouco poderías vela con prismáticos, xa que aínda así é demasiado longa. Nin cos teus ollos, xa que é demasiado feble. Nin dende unha cidade, xa que o ceo é moi brillante. Pero dende unha localización escura cun horizonte baixo, a túa cámara si que podería. E aínda será posible se o cometa sobrevive hoxe ao seu máximo achegamento ao Sol, que ocorrerá entre as órbitas de Mercurio e Venus. A imaxe amosada creouse a partir de dúas imaxes profundas realizadas cunha cámara de gran angular dende A Palma, nas Illas Canarias en España a finais do mes pasado. Despois disto, se sobrevive, o núcleo do Cometa Leonard dirixirase cara afora do Sistema Solar para nunca regresar.