Categorías
Uncategorized

Pléiades: o cúmulo estelar das Sete Irmás

Crédito da imaxe e Copyright: Damien Cannane

Explanation: viches algunha vez o cúmulo das Pléiades? Aínda que o fixeras, probablemente nunca o viches tan grande e clara como aquí. Posiblemente un dos cúmulos estelares máis brillantes no ceo, as estrelas das Pléiades poden observarse sen binoculares incluso dende unha cidade contaminada pola luz. Cunha longa exposición dende un lugar escuro, a nube de po nos arredores do cúmulo das Pléiades vólvese moi evidente. A exposición amosada aquí feita dende Florida, EUA, abrangue un área no ceo do tamaño da Lúa chea. Tamén coñecidas como as Sete Irmás e M45, as Pléiades atópanse a uns 400 anos luz cara a constelación do Touro. A lenda popular cun xiro moderno é que o brillo dunha das estrelas máis brillantes atenuouse dende que o cúmulo foi alcumado, deixando só seis das estrelas irmás visibles ao ollo ceibe. Pero o número real de estrelas das Pléiades visibles podería ser máis ou menos que sete dependendo da escuridade do ceo e da agudeza visual do observador.