Categorías
Uncategorized

O Sol en raios-X dende NuSTAR

Créditos da imaxe: NASANuSTARSDO

Explicación: Por qué son as rexións por riba das manchas solares tan quentes? As manchas solares por sí mesmas son un pouco máis frias que a superficie solar que as rodea porque os campos magnéticos que as crean reducen o quentamento por convección. Polo tanto, é raro que a rexións por riba delas — incluso moito máis altas na coroa do Sol — poidan ser centos de veces máis quentes. Para axudar a atopla causa,  a NASA dirixiu o satélite Nuclear Spectroscopic Telescope Array (NuSTAR) en órbita terrestre pra aapuntar o seu telescopio de raios-X, moi sensible, cara o Sol. Destacada aquí está o Sol en luz ultravioletaamosado nun tono vermello tomado polo Observatorio de Dinámica Solar (SDO) en órbita. Sobreimpresa en falsa cor verde e azul atópase a emisión por riba das manchas solares detectadas polo NuSTAR en diferentes bandas de alta enerxía de Raios-X, destacando as rexións de extremedamente alta temperatura. As pistas sobre os mecanismos de quencemento atmosférico que veñen das imaxes do NuSTAR coma esta e arroxan luz sobre os nanoflares e os microflares solares coma breves estalidos de enerxía que poden impulsar o inusual quencemento.