Categorías
Uncategorized

Unha eclipse lunar case total

Crédito da imaxe e Copyright: Robert Fedez

Explicación: As horas previas ó mencer do 10 de novembro atoparon á Lúa en ceos parcialmente anubrados sobre Cancún, México. Capturada nesta instantánea con teleobxetivo, o disco lunar non está enteiramente inmerso na escura sombra umbral  durante a longa eclipse lunar. A eclipse parcial foi, non obstante, o suficientemente profunda como para amosar a feble pero avermellada luz na sombra da Terra. Esta é unha vista xeralmente esperada polos afeccionados ás eclipses lunares totales. Vagando a través de Tauro, a feble luz da Lúa eclipsada tamén fixo máis sinxela a vista do cúmulo estelar do Setestrelo (Pléiades). As estrelas das Sete Irmáns comparten neste cadro na parte superior dereita, cunha Lúa case totalmente eclipsada.