Categorías
Uncategorized

Lúa chea

Crédito da imaxe e Copyright: Zhengjie Wu and Jeff Dai (TWAN)

Explicación: a silueta dun fotógrafo fronte a unha Lúa Chea aparece nesta ben planificada imaxe telescópica. Por suposto, a Lúa Chea é a fase lunar máis brillante. Pero o 18 e 19 de novembro, o brillo da Lúa Chea reducirase durante unha eclipse lunar parcial que poderase ver no planeta Terra. No máximo da eclipse só unha pequena porcentaxe do diámetro do disco lunar quedará na sombra da Terra cando a Lúa se desprace preto do borde sur da sombra. Preto do apoxeo, o punto máis afastado na súa órbita, o movemento da Lúa será moi quedo. Isto fará que esta segunda eclipse lunar parcial do 2021 sexa excepcionalmente longa. Para a maioría de América do Norte as fases da eclipse parcial serán visibles xusto antes do amencer. Como as eclipses soen vir en parellas, esta eclipse lunar virá seguida dunha eclipse solar o 4 de decembro.