Categorías
Uncategorized

Xemínidas dende os xemelgos

Crédito da imaxe e Copyright: Wang Jin

Explicación: de onde veñen todos estes meteoros? En termos de dirección no ceo, apuntan cara a constelación dos Xemelgos (Xémini). Por isto, a maior choiva de meteoros en decembro é coñecida como as Xemínidas, xa que os meteoros semellan radiar dende os Xemelgos. Pero en tres dimensións, estes fragmentos do tamaño dun gran de area son expulsados polo asteroide 3200 Phaeton que segue unha órbita ben definida ao redor do Sol, en na parte da súa órbita na cal se achega á Terra está superposto no ceo fronte á constelación dos Xemelgos. Polo tanto, cando a Terra cruza a súa órbita, o punto radiante dos fragmentos que entran na atmosfera semella estar na constelación dos Xemelgos. Nesta imaxe amósase unha composición de moitas imaxes realizadas durante a choiva das Xemínidas de 2020 e amosa máis de 200 meteoros brillantes que deixaron un ronsel ao longo do ceo durante a noite do 14 de decembro. A mellor choiva de meteoros de novembro é a das Leónidas, que acadan o seu máximo esta noite e mañá. Desafortunadamente, este ano os febles meteoros acadaran o seu máximo xusto antes da mañá polo que serán difíciles de ver pola luz da lúa crecente. Aínda así, uns poucos meteoros brillantes das Leónidas serán visibles cada hora.