Categorías
Uncategorized

Cómo identificar esa luz do ceo

Créditos da ilustración e Copyright: HK (The League of Lost Causes)

Explicación: Qué é esa luz no ceo? Quizás unhas das preguntas máis comúns da humanidade, unha resposta pode xurdir tras unhas poucas observacións rápidas. Por exemplo, estase a mover ou escintilea? Se é así, e se vives preto dunha cidade, a resposta soe ser un avión, posto qeu os avións son muy numerosos e poucas estrelas e satélites son o suficientemente brillantes para seren vistos por riba do estrondo das luces artificiais da cidade. Se non é o caso, e se vives lonxe dunha cidade, esa luz brillante é probablemente un planeta coma Venus ou Marte — o primeiro das cales está restrinxido a aparecer preto do horizonte xusto antes do mencer ou despois do solpor. Ás veces o pequeno movemento aparente dun avión lonxano preto do horizonte fai que sexa dificil distinguilo dun planeta brillante, pero incluso isto pódese discernir ollando o movemento do avión durante uns p oucos minutos. Todavía segue sen estar seguro? O gráfico destacado proporciona unha avaliación, ás veces humorística, pero case exacta. Os entusiastas do ceo probablemente notarán, e son animados a proporcionar, amables correccións..