Categorías
Uncategorized

Vídeo dun resplandor verde

Crédito do vídeo e Copyright: Paolo Lazzarotti

Explicación: moitos pensan que é un mito. Outros pensan que é certo pero que a causa é descoñecida. Os máis aventureiros presumen de telo visto. Trátase dun resplandor verde do Sol. A verdade é que os resplandores verdes existen e a súa causa coñécese ben. Xusto durante o solpor cando o Sol desaparece completamente, a derradeira luz semella brillar de cor verde. Este efecto é normalmente visible só dende localizacións cun horizonte moi baixo e distante e dura tan só uns segundos. O resplandor verde tamén é visible durante o amencer, pero require moito máis planificación para velo. Este resplandor verde foi capturado en vídeo o mes pasado cando o Sol desaparecía por detrás do Mar da Liguria dende a Toscana, Italia. A segunda secuencia do vídeo amosa o resplandor verde en tempo real, mentres que a primeira amósao acelerado e a derradeira amósao en cámara lenta. O Sol en si mesmo non se volver parcialmente verde, se non que se trata dun efecto causado polas capas da atmosfera terrestre actuando coma un prisma.