Categorías
Uncategorized

A Galaxia entre dous Amigos

Créditos da imaxe e Copyright: Martin Lefranc

Explicación: Nunha noite de agosto dous amigos desfrutaron desta vista despois dun día de escapada no Plateau d’Emparis nos Alpes Franceses. A 2.400 metros de altitude o ceo estaba despexado. A luz da posta da Lúa ilumina o primero plano capturado no panorama vertical de imaxes. Ó longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea Light as estrelas de Casiopea e Perseo brillan ó longo do límite esquerdo do panorama. Vista coma unha feble nube cun brillante núcleo, a galaxia de Andrómeda, atópase directamente sobre os dous amigos na noite. Andrómeda, a gran galaxia espiral máis próxima, atópase a uns 2.5 millóns de anos luz máis aló das estrelas da Vía Láctea. Ademáis da perspectiva extragaláctica compartida da noite, o punto difuso máis feble no ceo xusto entre eles é M33, tamén coñecida coma a galaxia do Triángulo. A terceira máis grande no grupo local de galaxias, despois de Andromeda e a Vía Láctea, a galaxia do Triángulo atópase a uns 3 millóns de anos luz. Nesa noite, os dous amigos atopábanse a uns 3 nanosegundos-luz de distancia.