Categorías
Uncategorized

As nebulosas Cabeza de Cabalo e a da Chama

Crédito da imaxe e Copyright: Wissam Ayoub

Explicación: A nebulosa Cabeza de Cabalo é unha das nebulosas máis famosas do ceo. É visible como un contorno escuro na cor laranxa da nebulosa de emisión no lado dereito da imaxe. A cabeza do cabalo é escura por que en realidade é unha nube de po opaco que se atopa fronte ao brillo da nebulosa de emisión. De igual xeito que as nubes na atmosfera da Terra, esta nube cósmica ten unha forma recoñecible por casualidade. Despois de moitos milleiros de anos, os movementos internos da nube alterarán seguramente a súa forma. A cor laranxa da nebulosa de emisión está causada polos electróns combinándose cos protóns para formar átomos de hidróxeno. Cara abaixo á esquerda da imaxe está a Nebulosa da Chama, unha nebulosa tinguida de laranxa que tamén contén enleados filamentos de po escuro. Dúas prominentes nebulosas de reflexión son visibles: a redonda IC 432 na marxe esquerda e a azul NGC 2023 xusto debaixo e á esquerda da nebulosa Cabeza de Cabalo. Cada unha delas brilla ao reflexar a luz da súa estrela central.