Categorías
Uncategorized

O brillo da Terra na Lúa sobre Sicilia

Crédito da imaxe e Copyright: Dario Giannobile

Explicación: por que podemos ver toda a cara da Lúa? Cando a Lúa está en fase crecente só unha parte dela está iluminada directamente polo Sol. A resposta é o brillo da Terra, tamén coñecido como o brillo de da Vinci. A razón é que o resto da cara da Lúa que mira cara a Terra está lixeiramente iluminada pola luz do Sol que se reflexa dende a Terra. Xa que a Terra aparece case chea vista dende a Lúa, cando a Lúa está nesta fase lixeiramente crecente, e polo tanto o brillo da Terra está cerca do seu máximo. Nesta imaxe combínanse imaxes en HDR tomadas sucesivamente a comezos de mes, nelas a Lúa crecente é capturada pasando ao carón do planeta Venus, o punto máis brillante preto do centro da imaxe. Xusto sobre Venus está a estrela Dschubba (catalogada como Delta do Escorpión), mentres que a estrela vermella á esquerda é Antares. Este espectáculo celeste é visible a través dunha cuberta de nubes. En primeiro plano están as luces de Palazzolo Acreide, unha cidade de raíces históricas en Sicilia, Italia.