Categorías
Uncategorized

A Lente Gravitacional da Cruz de Einstein

Créditos da imaxe e LicenciaJ. Rhoads (Arizona State U.) et al., WIYNAURANOIRLabNSF

Explicación: A meirande parte das galaxias teñen un núcleo único, ten esta galaxia catro? A estraña resposta leva aos astrónomos a concluir que o núcleo da galaxia circundante nin siquera é visible nesta imaxe. O trevo central é máis ben a luz emitida por un quasar de fondo. O campo gravitacional da galaxia visible en primeiro plano rompe a luz deste distante quasar en catro imaxes diferentes. O quásar debe estar correctamenet aliñado detrás do centro da masiva galaxia para que un espexismo coma este sexa evidente. O efecto xeral é coñecido coma Cruz de Einstein. Aínda máis estraño, as imaxes da Cruz de Einstein varían en bbrillo relativo, realzado ocasionalmente polo efecto de microlente gravitacional de estrelas específicas na galaxia en primeiro plano.