Categorías
Uncategorized

A Lúa Lisa / A Moona Lisa

Créditos da imaxe e Copyright: Gianni Sarcone e Marcella Giulia Pace

Explicación: Só as cores naturais da Lúa nos ceos do planeta Terra aparecen nesta creativa presentación visual. Arranxados coma pixels na imaxe enmarcada, os discos lunares fotografáronse en diferentes momentos. Os seus diferentes matices débense en última instancia á luz solar afectada polos cambios nas condicións atmosféricas e ó aliñamento da Lúa, a Terra e o Sol. Aquí, os discos lunares máis escuros son as cores do brillo da Terra. A descripción do brillo da Terra, en termos da luz solar reflexada polos océanos da terra iluminando a superficie escura da Lúa, escribiuna Leonardo da Vinci fai máis de 500 anos. Pero alónxate máis do teu monitor ou simplemente cambias a tú mirada ás versións máis pequenas da imaxe. Poderás ver tamén unha das máis famosas obras de arte de da Vinci.