Categorías
Uncategorized

NGC 7293: a Nebulosa da Hélice

Crédito da imaxe e Copyright:Ignacio Diaz Bobillo

Explicación: a tan só uns 700 anos luz da Terra cara a constelación de Acuario, unha estrela coma o Sol está morrendo. Nos derradeiros milleiros de anos produciu a Nebulosa da Hélice (NGC 7293), un exemplo próximo e ben estudado dunha nebulosa planetaria típica desta fase final da evolución estelar. Un total de 90 horas de exposición foron empregadas para crear esta vista da nebulosa. Combinando datos de imaxes de banda estreita das liñas de emisión dos átomos de hidróxeno en vermello e osíxeno en tons verdes e azuis, a imaxe amosa unha cantidade moi destacada de detalles da brillante rexión interna da Hélice duns 3 anos luz de tamaño. O punto branco no centro da hélice é a quente estrela central da nebulosa planetaria. Unha simple ollada da Hélice achega a súa complexa xeometría.