Categorías
Uncategorized

Bólido sobre o Lago Louise

Crédito da imaxe e Copyright: Hao Qin

Explicación: que convirte a un meteoro nun bólido? Primeiro de todo, todo mundo está de acordo que un bólido é un meteoro excepcionalmente brillante. Aclarado isto, a Unión Astronómica Internacional define un bólido como un meteoro máis brillante que unha magnitude aparente de -4, o que corresponde aproximadamente con ser máis brillante que calquera planeta, e tamén o suficientemente brillante como para proxectar unha sombra apreciable por un humano. Fotografado aquí, un astrofotógrafo capturou por accidente o meteoro máis brillante que nunca vira mentres tomaba unha imaxe de longa exposición do ceo nocturno. Claramente un bólido, a rocha espacial desintegrábase mentres xeraba un ronsel tan brillante que converteu a noite en día durante dous segundos ao comezo deste mes. O bólido foi artificialmente atenuado nesta imaxe para facer visible a paisaxe no Lago Louise en Alberta, Canadá. Aínda que os bólidos son raros, moita xente ten a sorte de velos e se ves un podes informar de que o viches. Se máis dunha persoa captura unha imaxe, o bólido podería rastrexarse ata o corpo do Sistema Solar do cal foi expulsado.