Categorías
Uncategorized

50 anos luz a 51 Pegasi

Créditos da imaxe e Copyright: Josselin Desmars

Explicación: Hai só 50 anos luz a 51 Pegasi. A posición da estrela está indicada nesta instantánea de agosto, tomada nunha bretomosa noite coa maioría das estrelas visibles sobre a cúpula do Observatoire de Haute-Provence, en Francia. Fai vinteseis anos, en outubro de 1995, os astrónomos Michel Mayor e Didier Queloz anunciaron un profundo achádego feito no observatorio. Empregando un preciso espectrógrafo detectaron un planeta orbitando 51 Peg, o primeiro exoplaneta coñecido orbitando unha estrela coma o Sol. Mayor e Queloz empregaron o espectrógrafo para mediar os cambios na velocidade radial da estrela, un bamboleo regular causado polo tirón gravitacional do planeta en órbita. Nomeado 51 Pegasi b, determinouse que o planeta tiña unha masa polo menos da metade de Xúpiter e un periodo orbital de 4,2 días, polo que estaba moito mais preto da súa estrela nai que Mercurio do Sol. O seu descubrimento foi rápidamente confirmado e Mayor e Queloz foron galardoados como Premio Nobel en Física en 2019. Agora recoñecido coma o prototipo para a clase de exoplanetas coñecidos coma Xúpiter quentes, 51 Pegasi b foi formalmente chamado Dimidium, o termo latín para a metade, en 2015. Dende o seu descubrimento, atopáronse mais de 4.000 exoplanetas.