Categorías
Uncategorized

O doble cúmulo de Perseo

Créditos da imaxe e Copyright: Jack Groves

Explicación: Este fermoso campo estelar espállase preto de tres lúas cheas (1.5 grados) cara a heroica combinación setentrional de Perseo. Da cobixo ó famoso par de cúmulos estelares abertos, h e Chi Persei. Tamén catalogada coma NGC 869 (arriba) e NGC 884, ambos cúmulos estópanse a uns 7.000 anos luz de distancia e conteñen estrelas moito máis novas e quentes que o Sol. Separadas por só uns centos de anos luz, ámbolos cúmulos teñen 13 millóns de anos baseándose nas idades das súas estrelas individuais, evidencia de que foron probablemente producto da mesma rexión de formación de estrelas. Sempre unha gratificante visión con prismáticos, o Doble Cúmulo é incluso visible a simple vista dende lugares escuros. Pero unha cuberta de cordas de guitarra empregouse para producir picos de difracción nas coloridas estrelas que se ven nesta vibrante vista telescópica.